Esquerda Unida agardará a marzo para definir o seu programa para as eleccións galegas

A Coordinadora Nacional decidiu que o próximo mes de marzo se celebre unha conferencia política en Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida (EU) decidiu que o próximo mes de marzo se celebre unha conferencia política en Santiago de Compostela para "analizar a situación real" de Galicia e elaborar o seu programa para as eleccións autonómicas de outono do 2020.

Eva Solla e Rubén Pérez
Eva Solla e Rubén Pérez | Fonte: Esquerda Unida.

Segundo informa o partido, o seu máximo órgano de dirección entre asembleas abordou este sábado "a necesidade de recuperar e conformar, desde a diversidade e a diferenza, a unidade dunha alternativa seria de esquerda para Galicia" que lle plante cara un Alberto Núñez Feijóo, quen está "a baleirar o país de servizos públicos", din desde EU.

Neste contexto, a súa coordinadora nacional, Eva Solla, xa se manifestou en repetidas ocasións a favor de reeditar un acordo con Podemos e Anova, cos que comparte grupo no Parlamento galego, para concorrer de forma conxunta aos comicios.

"Expomos esta conferencia en dúas partes", explica o seu secretario de Organización, Rubén Pérez. Por unha banda, "a reactualización da política de alianzas" e de como entenden "a unidade popular, que no 2012 —con Alternativa Galega de Esquerdas (AGE)— foi un ensaio" e que contemplan como "un camiño importante".

Por outra banda, continúa Pérez, buscarase "pór o mellor de Esquerda Unida na proposta programática do que terá que ser un programa de cambio de cara ás eleccións autonómicas".

Paralelo a todo iso, a Coordinadora Nacional de EU ratificou este sábado as súas candidaturas para os comicios do 2020, a falta de formalizar un acordo con Podemos e Anova. Mentres que Eva Solla aspirará á Presidencia da Xunta, Vanesa Somoza encabezará a lista por Lugo; Loreto Taibo pola Coruña; Sofía Díaz por Ourense; e Ronsel Miller Fernández farao por Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

Dende o Pais Vasco chegan noticias que advirten da continuidade neoliberal nos orzamentos de 2020 gracias á colaboración de (UnidasPodemos seguir chuchando) https://www.ela.eus/es/noticias/201...

2 bestarruza

De cabeza de lista irá Pilar Díaz, a curmán de Yolanda Díaz, que quedou sen choio de alcaldesa de Mugardos

1 Gamela

xa están na primeira liña de saída... como se os votos foran deles !!! Esquerda Unida é a formación política máis TREPA que vin na miña vida !!! Pero non sabemos por que o resto non son quen de poñelos no seu sitio ? Meten medo... ou son máis listos que ninguén ? Cantos votos apaña EU en Galicia ???

1 Gamela

controlan o "aparato do partido" e son catro gatos, pero logo presentan a súa decisións internas coma se foran membros dunha Corporación Empresarial e o resto dos asistentes (PodemosGalicia-Anova) calan e tragan... (?) Mirade como andan as participacións internas a nivel de Estado... imaxinades os números en Galicia (?) https://www.newtral.es/por-que-cons...