Arrinca sen incidencias a folga en Renfe e Adif cun seguimento do 40%, segundo CXT

Os afectados polos paros en Galicia serán 34 trens de Media Distancia e nove de Longa Distancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

A folga de traballadores convocada en Renfe e Adif por CXT que leva a supresión de 43 trens de media e longa distancia na Comunidade galega arrincou sen incidencias na madrugada deste venres, segundo sinalaron fontes do operador ferroviario.

A central cifra o seguimento da folga, convocada para denunciar a falta de persoal nos servizos ferrioviarios, no 40 por cento dos traballadores na comunidade. Os afectados polos paros en Galicia serán 34 trens de Media Distancia e nove de Longa Distancia, aínda que só en determinados tramos.

Entre os máis afectados están a longa distancia con destino a Pontevedra e Vigo, debido a que a composición do 'Tren-hotel' de Madrid desde Monforte a Vigo e os 'Intercity' de Ourense a Vigo non circularán.

O sindicato CXT, que destaca a "normalidade" coa que se iniciou a xornada, reclama cambios nas taxas de reposición para paliar a "falta de persoal" nos servizos. Neste sentido, denuncian que este mes de decembro un total de 29 trens que operan en Galicia foron substituídos por autobuses ante a ausencia de maquinistas.

Tren / RENFE - Arquivo / Europa Press
Tren / RENFE - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta