O PP ourensán mantén a súa oposición a Feijóo sobre o peche do paridoiro de Verín

O pleno da Deputación aproba por unanimidade un acordo en defensa do mantemento dos servizos do Hospital.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/12/2019 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación de Ourense aprobou este venres, por unanimidade, un acordo en defensa do mantemento dos servizos do Hospital de Verín, no que tamén se incluíu unha reprobación do portavoz do Grupo Socialista, Rafael Rodríguez Villarino. Con todo, a petición de reprobar polo peche do paridoiro ao conselleiro de Sanidade e ao presidente da Xunta, proposta polo PSOE, foi rexeitada cos votos de Democracia Ourensana, PP e Ciudadanos.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Segundo o documento aprobado, acordouse "pedir á Consellería de Sanidade que manteña e mellore os servizos que viñan prestando no Hospital Comarcal de Verín para garantir a calidade asistencial dos veciños da zona, principalmente do servizo de paridoiro".

Así mesmo, como parte dese acordo, tamén aprobou reprobar ao portavoz do Grupo Socialista na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino, "pola súa despreciable práctica política de manipulación, mentira e insulto que fai como representante do PSdeG-PSOE na corporación provincial e polo rédito político que está a buscar co tema do peche do paritorio do Hospital Comarcal de Verín", recolle o texto.

O terceiro punto do acordo pide "dar traslado destes acordos á Presidencia da Xunta de Galicia, á Consellería de Sanidade, á Dirección do Sergas, á Xerencia do CHOU, aos profesionais médicos e sanitarios do Hospital de Comarcal de Verín e aos colexios profesionais de médicos e enfermaría de Ourense, así como aos concellos, partidos políticos con representación municipal e axentes sociais e económicos das zonas afectadas".

En relación a este acordo, o partido socialista criticou que PP, DO e Ciudadanos votasen en contra dunha emenda presentada polo PSOE na que se incluía a reprobación ao conselleiro de Sanidade e ao presidente da Xunta, á vez que se reclamaba "o cesamento inmediato" do xerente desta área sanitaria, Félix Rubial, e doutros directivos do Hospital de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta