A Xunta insiste na industria forestal como clave para potenciar o monte galego

Conde tamén subliñou a importancia de fomentar o emprego ecolóxico e de buscar aplicacións novas para a madeira en sectores estratéxicos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/12/2019 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou a industria forestal como clave para potenciar o monte galego, así como a bioeconomía para fomentar o acceso a novos mercados.

Segundo detallou a Consellería de Economía, Emprego e Industria nun comunicado, Conde tamén subliñou a importancia de fomentar o emprego ecolóxico e de buscar aplicacións novas para a madeira en sectores estratéxicos, como o naval e a automoción.

Ademais, destacou a aposta da empresa Maderas Vial das Neves pola innovación e a formación para asegurar o seu desenvolvemento no marco dunha visita ás súas instalacións realizada este luns.

Neste sentido, remarcou que esta compañía familiar, afectada por un incendio en 2017, se reactivou e incrementou a súa liña de execución. Así, apuntou que espera incrementar a súa produción nun 50 por cento mediante un novo subproduto.

En concreto, esta empresa recibiu unha axuda autonómica por valor de 600.000 euros que lle permitiu reparar o seu establecemento e repor as súas existencias, danados polo lume. Esta subvención formou parte dun plan destinado a paliar os efectos dos incendios de 2017 que mobilizou un tres millóns de euros.

Vista do Monte Pornedo, en Marín, na zona de Fontenla e do rego das Presas
Vista do Monte Pornedo, en Marín, na zona de Fontenla e do rego das Presas | Fonte: Asociación Monte Pituco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta