A Xunta, que subvenciona con millóns a La Voz, critica que a presidenta de Adif publique artigos neste medio

Curiosamente, este xornal recibe cuantiosas axudas públicas por falar ben das políticas de Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, criticou que a presidenta da Adif, Isabel Pardo de Vera, informase a través dun artigo en La Voz de Galicia de que a liña do AVE entrará en período de probas na primavera tras a conclusión das obras. Curiosamente, estas crítica chegan cando a Xunta subvenciona con millóns de euros a este medio de comunicación para que fale ben das políticas de Feijóo.

Este luns en declaracións aos medios en Lobios (Ourense), a titular de Infraestruturas lamentou que Pardo de Vera "minimice" un "atraso" na finalización das obras que, segundo a Xunta, "vai ser máis" do anunciado.

"Non nos parece serio que se informe disto a través dun artigo de prensa", manifestou Vázquez, que lembrou que a Administración autonómica mantén "desde hai meses" que se ía a producir este "atraso importante" nunha infraestrutura que considera "obxectivo de país".

A conselleira de Infraestruturas de Mobilidade, Ethel Vázquez, este martes en Vigo
A conselleira de Infraestruturas de Mobilidade, Ethel Vázquez, este martes en Vigo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta