Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2019 | Actualizada ás 17:38
A Xulgadora do Social nº1 de Santiago de Compostela vén de condenar á Xunta de Galicia a que “asigne, de manera inmediata, a la actora un local ajustado, así como el material adecuado de oficina con acceso a Internet” e “de acceso a las listas de distribución de todos los empleados de la empresa, en las mismas condiciones que los demás sindicatos con Secciones sindicales constituidas”. Asimesmo, condena á Xunta ao pagamento de 15.625,50€ ao sindicato como resarcimento polos danos e prexuízos ocasionados polo obstáculo á actividade sindical desta central.
O conflito orixinouse ante a permanente pasividade da Xunta para entregarlle ao sindicato CUT, malia a obriga legal, un local sindical en termos de igualdade cos demais sindicatos, así como a darlle acceso ao listado de envío por e-mail de información sindical, sen sequera responder ás permanentes solicitudes da CUT para a súa inmediata entrega.
Durante case un ano a CUT “vén sendo privada dos medios esenciais para o exercicio da súa actividade sindical, un bloqueo sindical e politicamente interesado que estivo privándonos da mínima actividade na nosa representación no ente autonómico”, afirma Ricardo Castro,
secretario xeral da CUT a través dun comunicado.
A xuíza considera que “parece claro que la conducta de la demandada de no proporcionar los medios necesarios para el desarrollo de la acción sindical, sin causa justificada para ello, en los términos solicitados por la actora, implica en si misma poner obstáculos para el ejercicio de la libertad sindical, por lo que ha de considerarse que ha existido una vulneración de derechos fundamentales en los términos denunciados”.
Ricardo Castro, secretario xeral da CUT, considera que esta resolución é unha mensaxe clara ao goberno galego e á súa “política antisindical e represiva” e conclúe dicindo que “agora qúedalles suplicar ante o TSX para exercer o seu dereito ao pataleo, e seguramento o farán para non
asumir que se equivocan”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.