SOS Sanidade Pública chama a encher as rúas o 9 de febreiro contra o "deterioro" dos servizos

A plataforma anda nos preparativos da gran manifestación en defensa da Atención Primaria e os hospitais comarcais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública fixo un chamamento aos galegos e galegas a manifestarse o próximo 9 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa da Atención Primaria e contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais. Para organizar esta protesta, a plataforma convocou este martes unha reunión de carácter técnico na que os asistentes abordaron a convocatoria desta marcha.

En declaracións a Europa Press, un dos integrantes da Asociación en Defensa da Sanidade Pública e desta plataforma, Xosé María Dios, explicou que ao encontro asistiron os sindicatos UXT, CC.OO. e CIG, así como representantes do PSdeG, BNG e Esquerda Unida.

"Visualízase a necesidade de organizar unha manifestación ante a deterioración que a sanidade pública sofre día a día", explicou Xosé María Dios, que alertou da "deterioración evidente da Atención Primaria" que provoca "unha masificación das consultas".

Ademais, fixo fincapé no "desmantelamento" dos hospitais comarcais como, na súa opinión, se evidencia no caso do Hospital de Verín. Uns "recortes" que atribuíu á modificación da Lei de Saúde de Galicia.

Nesta liña, sinalou que no encontro tamén se abordou a "privatización" da sanidade pública e a "crecente precariedade laboral". Por todo iso, confiou en que, do mesmo xeito que a marcha convocada en febreiro 2019 pola plataforma, a protesta do próximo mes volva ser "multitudinaria".

Manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública
Manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta