Temas: PSOE BNG ENCE APDR

A Asociación pola Defensa da ría de Pontevedra ve ambiguo o acordo entre BNG e PSOE sobre o futuro de Ence

Pide que o que é "unha declaración de intencións" se concrete nunha "decisión de goberno que poña fin á presenza" da fábrica en Lourizán.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 08/01/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A Asociación pola Defensa da ría de Pontevedra (APDR) valora a inclusión da referencia a Ence no acordo de BNG e PSOE previo á investidura de Pedro Sánchez, aínda que considera que se formula de forma ambigua.

Ence na ría de Pontevedra
Ence na ría de Pontevedra | Fonte: Europa Press.

"O Goberno manifestarase a favor do traslado da planta de Ence a outro enclave máis adecuado en Galicia, a través dunha fórumula que permita manter o emprego", contempla o acordo, que, aínda que é valorado pola APDR, tamén lle produce temor.

"A nosa posición sobre a saída de Ence da ría é clara e coñecida: nunca falamos de traslado", remarca a asociación.

Máis aló "desta posición de principios", engade que falar hoxe de "traslado", cando é "suficientemente coñecido" que "en ningún caso vai ser aceptado por Ence", ten "pouco sentido" se non se deixa claro que a "imposibilidade dun acordo non vai ser escusa para evitar tomar medidas claras e rápidas para decretar o fin da concesión en Lourizán".

"Pola contra, mesmo pode dar lugar a interpretar que tal formulación responde só a intereses electoralistas", avisa.

"FIN Á PRESENZA" DE ENCE NA RÍA

En todo caso, conclúe que espera que "o que hoxe é unha declaración de intencións" acabe por concretarse "nunha decisión de Goberno que poña fin á presenza de Ence en Lourizán".

"Unha aspiración da ampla maioría social na nosa comarca e pola que, con independencia do recorrido que poida ter este acordo, imos seguir loitando na APDR por todos os medios ao noso alcance e pondo o acento, como sempre fixemos, na mobilización", recolle.

"Porque somos conscientes de que a mobilización social será fundamental na consecución deste obxectivo", resolveu.

Temas: PSOE BNG ENCE APDR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Cousas utiles

O que ten que pedir o bng, é a prohibición do eucalitpo nitens, que é unha praga que vai acabar co interior de Galicia, ainda non cheo de eucalitpo.

3 Currelante

O BNG nunca vai morder a man que lle da de comer (PsoEspañol), a mesma que alimenta a IU e Podemos (como ben saben os Marqueses de Galapagar ministros a pares Yolanda Díaz e Garzón). Noutrora diciamos que eran uns vendidos.

1 Sentidiño

Claro, hai que deixar que os españolistas fascistas nos gobernen antes de que o fagan os españolistas seudosocialistas... Lóxico...

2 Alienao

O que vén sendo cambiar o lixo de sitio.

1 denerio

Porque xa acordaron levala para As Pontes