Soben os prezos dos alugueres coa cidade de Santiago á cabeza

Pola contra, baixa o prezo en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2020 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda de aluguer subiu un 7% en Galicia durante o ano 2019, de forma que se sitúa en 6,6 euros por metro cadrado, segundo o último informe de Idealista.

Este aumento é superior ao que se produce no avance de media no Estado (+4,8%), aínda que o prezo por metro cadrado galego segue lonxe da media española, que está en 10,9 euros por metro cadrado.

Por provincias, hai unha alza xeneralizada salvo en Ourense (-2,5%). O incremento lidérao A Coruña (+12,1%), seguida de Lugo (+8,9%) e Pontevedra (+5,6%). Lugo e Ourense son as provincias co metro cadrado máis barato (5,1 e 5,2 euros). A máis cara é Pontevedra (7,4 euros), seguida da Coruña (6,5 euros).

No tocante ás cidades galegas, o maior repunte na vivenda de aluguer prodúcese en Santiago (+14,2%), un incremento que dobra ao seguinte maior, que ten lugar na Coruña (+7,4%); mentres o terceiro aumento máis acusado ocorreu en Lugo (+5,4%). En cambio, baixa o prezo en Ourense (-2,6%) e Vigo (-1,2%).

Día de sol en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Día de sol en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta