Bugallo di que "é un absurdo" negar que os pisos turísticos aumentan a burbulla inmobiliaria

Di que en Santiago hai 5.000 vivendas baleiras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O alcalde Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, considera que "negar a influencia" dos pisos turísticos no prezo da vivenda "é un absurdo". Así se expresou despois de que o mércores Xunta e Concello de Santiago acordasen intensificar o control sobre as vivendas de uso turístico, así como dos propietarios irregulares.

A preguntas da prensa sobre a opinión de Turismo de Galicia de que o problema da vivenda en Santiago non é tanto polas vivendas turísticas, senón polos pisos baleiros, Xosé Sánchez Bugallo reclamou ao Goberno galego que "regule con urxencia" para facer fronte ás casas sen uso.

O alcalde engadiu que desde o concello "estarían encantados" de que se fixese, porque "cren que é un factor importante". Con todo, insistiu en que a vivenda baleira é competencia do Estado a través de lei de carácter xeral ou da Administración Autonómica, non deles.

E é que o rexedor considera que as vivendas baleiras son un problema, pero "é un absurdo" a influencia da turística. A vivenda turística retira do mercado de aluguer un número de vivendas e, por outra, "tira para arriba" o prezo deste, porque "as expectativas de ingresos por venda turística son superiores ao ingreso normal".

Bugallo mencionou que os datos que eles manexan indican que en Santiago hai 5.000 vivendas baleiras e outras 1.000 que tamén o están, pero "non en condicións de ser utilizadas", e remarcou que "estarían encantados de mobilizar ese mercado".

Oferta de pisos turísticos na web Airbnb
Oferta de pisos turísticos na web Airbnb | Fonte: Airbnb

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta