O PP galego participará en Madrid na manifestación da industria electrointensiva

Será o vindeiro mércores, para apoiar as reivindicacións dos traballadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou que os populares galegos estarán presentes na manifestación da industria electrointensiva que terá lugar en Madrid o vindeiro mércores para apoiar as reivindicacións dos seus traballadores.

Delegados da CIG mobilízanse en demanda dunha tarifa industrial para as electrointensivas
Delegados da CIG mobilízanse en demanda dunha tarifa industrial para as electrointensivas | Fonte: CIG

Co futuro de Alcoa en San Cibrao no aire, Tellado criticou que ata agora os socialistas se escudaban en que o Goberno central estaba en funcións para non formalizar medidas como un novo estatuto para as empresas electrointensivas.

"Pero agora, conseguido o único obxectivo polo que traballaban (en referencia a facer a Pedro Sánchez presidente), xa non hai escusas", advertiu, antes de lembrar que moitos empregos en Galicia dependen da industria electrointensiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta