Feijóo envía unha carta a cada ministro para pedirlles unha "cooperación leal" coa Xunta

Agarda que manteñan os seus compromisos con Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2020 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, marcou a súa posición con respecto aos responsables do Goberno central, que esta semana comezaron a súa andaina como ministros. O titular galego expresou o seu desexo de "manter a liña de diálogo" e "cooperación leal" que vén dando nos últimos anos entre a Xunta e o Executivo.

Así o trasladou Feijóo a cada un dos ministros en 22 cartas que mandou esta semana a Moncloa nas que pide "cooperación leal" para construír "proxectos conxuntos en favor da cidadanía" e que se cumpra "coa axenda galega".

En cada unha das misivas, o máximo responsable galego incidiu en tres ideas. E é que, para el, o Goberno de Pedro Sánchez "deberá dar resposta desde o compromiso coa recuperación económica", terá que asegurar "o sostemento dos servizos públicos" e "mellorar da calidade de vida de todos as españolas" en xeral.

Ademais, espera que igual que "Galicia cumpre cos obxectivos de gasto público pactados no Consello de Política Fiscal e Financeira", confía en que "esta lealdade e respecto sexan tamén os principios de actuación" do novo Executivo en relación coas comunidades autónomas.

MOBILIDADE E INDUSTRIA

Entre os aspectos máis destacados de cada carta, Feijóo puxo especial énfase na situación "sen resolver" sobre a "mensualidade pendente do IVE" e o fondo correspondente por cumprir coas normas de estabilidade orzamentaria, transferencias que aínda non chegaron á Administración autonómica, un total de 370 millóns de euros.

Ao ministro de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, trasladoulle a súa preocupación pola chegada do AVE a Galicia, xa que "non se dispón aínda dun calendario certo para a finalización das obras".

Igualmente, pediu poder concretar a aprobación da transferencia da AP-9, a supresión da peaxe entre Vigo e Redondela, así como a rebaixa da taxa da autoestrada AP-53

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, durante unha entrevista para Europa Press na delegación da Xunta de Galicia en Ourense (Galicia, España), a 27 de decembro de 2019.. Rosa Veiga - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, durante unha entrevista para Europa Press na delegación da Xunta de Galicia en Ourense (Galicia, España), a 27 de decembro de 2019.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta