Opinión dividida entre os economistas sobre como afectará o novo Goberno ao crecemento

O 54% de enquisados cren que carrexará un efecto negativo, o 26% pensa que será positivo e o 19% considera que non afectará de ningunha maneira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Os economistas galegos teñen unha opinión dividida respecto de como afectará a formación do novo Goberno de coalición ao crecemento económico, o 54% de enquisados cren que carrexará un efecto negativo, o 26% pensa que será positivo e o 19% considera que non afectará de ningunha maneira.

Así o publicou este mércores o Consello Galego de Economistas, quen trasladou aos medios os resultados do 'Barómetro de Economía', que recolle a opinión do colectivo de colexiados economistas.

Por provincias, o 35% dos entrevistados na Coruña cren que o novo Goberno terá efectos positivos, o 26% de Lugo e o 20% de Pontevedra opinan da mesma forma. Con todo, o 67% dos economistas participantes de Ourense consideran que aparecerán efectos negativos ou moi negativos respecto ao crecemento económico.

Ademais, as opinións tamén varían segundo a situación laboral dos economistas. Para o 58% dos empresarios e traballadores o nove Executivo repercutirá negativamente, unha porcentaxe que aumenta (64%) no caso dos funcionarios. Pola contra, o 40% dos xubilados valoran os efectos positivos.

POLÍTICA ENERXÉTICA

Por outra banda, os enquisados tamén foron preguntados pola súa opinión sobre a política enerxética do novo Goberno na industria electrointensiva. Neste sentido, o 49% dos economistas cre que as medidas nesta materia serán negativas, o 18% positivas e o 26% pensan que non influirá.

Sobre todo, son os economistas de Lugo (63%) os que cren nas consecuencias negativas das políticas sobre industria electrointensiva. Pola contra, esta posición mantense no 39% dos pontevedreses.

En canto aos factores que afectan á competitividade das compañías, os máis influentes serían: o I+D+i, a formación, o prezo da enerxía, o nivel de consumo, o acceso ao financiamento e a presión fiscal.

Presentación do Barómetro de Economía do Consello Galego de Economistas. CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS
Presentación do Barómetro de Economía do Consello Galego de Economistas. CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta