Yolanda Díaz anuncia que o Goberno subirá o salario mínimo a 950 euros este ano

Di que é un "gran día para a democracia".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 22/01/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O Goberno subirá o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 950 euros este ano, tras o acordo alcanzado cos sindicatos e a patronal, un 5,5% máis que en 2019, cando o Executivo de Pedro Sánchez elevouno un 22,3%, ata os 900 euros.

Así o anunciaron este mércores a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, os secretarios xerais de CCOO, Unai Sordo, e UGT, Pepe Álvarez, e os presidentes de CEOE, Antonio Garamendi, e Cepyme, Gerardo Cuerva.

O novo Executivo de coalición marcouse como obxectivo, tal e como se recolle no acordo programático subscrito entre o PSOE e Unidas Podemos, situar o salario mínimo no 60% do salario medio a final de lexislatura, o que equivalería a uns 1.200 euros, como recomenda a Carta Social Europea.

Díaz remarcou que este mércores é un "gran día para a democracia" con este primeiro "gran acordo social" alcanzado cos axentes sociais.

Yolanda Díaz, ministra de Trabajo
Yolanda Díaz, ministra de Trabajo | Fonte: Unidas Podemos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Rabia Rabia

Unha semán e Iolanda acadou pra Galiza mais que o BNG en toda a sua historia.

1 Non me digas

Ti coñeces moita xente que cobre ese salario mínimo campión? E a promesa era subilo a máis de mil, que pasou

2 Sentidiño

Grazas, Iolanda. Os pepeiros e o psoe de galicia nunca o fixeran. Saúde e república.

1 fora de expaña mellor

Xa están vendendo fumes... non se fien da ministra da "pescadilla"...

1 Gaiker

Fume vende o BNG, que o único que asinou co goberno son "compromisos". Isto é unha medida real que se vai a aplicar si ou si. Yolanda Díaz eclipsa a Néstor Rego porque é alguén que vén da rúa e do mundo do traballo, non unha liberada eterna e mediocre coma o careca de voz afrautada.