Ismael Serrano trae a súa nova xira en acústico nunha volta ás súas raíces

Actuará o venres 31 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/01/2020 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O cantautor Ismael Serrano chega á cidade de Vigo para presentar a súa nova xira en acústico Todavía. Ofrecerá un concerto o vindeiro venres 31 de xaneiro, a partir das 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Ismael Serrano.
Ismael Serrano.

Tras o éxito da xira Hoy es siempre, coa que celebrou os seus 20 anos de carreira colgando o cartel de Sold out en varias ocasións en Madrid, Valencia, Sevilla, Barcelona, Bilbao ou San Sebastián, Ismael Serrano emprende o seu novo proxecto Todavía, unha xira en acústico que leva o nome do seu último disco. Guitarra ao ombreiro, nun formato moi íntimo e cunha moi coidada escenografía, o cantautor percorrerá toda a xeografía estatal presentándose nos teatros máis representativos, entre eles o Teatro Afundación de Vigo.

En palabras de Ismael Serrano, «tras editar Hoy es siempre, un concerto cunha gran banda e cunha gran posta en escena, necesitaba volver á raíz. Nunca tivera a oportunidade de gravar un recital guitarra e voz, a esencia do oficio, a maneira máis honesta de defender as cancións, a máis difícil».

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta