Temas: MúSICA

Inaugúrase a expo que reuniu a máis de 50 músicos nun hotel

O Centro ágora acolleu onte a inuaguración da exposición "MusiCalidades". Máis de cincuenta músicos galegos e galegas pechados unha xornada nas habitacións do hotel compostelano NH Obradoiro. O acto pechouse cun concerto-mostra con dez bandas e artistas.

Por GC Tendencias | A Coruña | 15/09/2012 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

La Sombra en MusiCalidades
La Sombra en MusiCalidades

Abriu as intervencións a propia fotógrafa, Sue Rainbow, quen agradeceu ao Concello da Coruña, aos músicos e artistas, ao NH Obradoiro e á tende de música compostelana Discos Fan's todo o apoio amosado. Tamén tivo palabras de agradecemento para o seu compañeiro de iniciativa, Paco Gallego. A continuacion, tomou estae a palabra para lembrar a importancia da música pop na cultura popular e referenciar os pasados Xogos Olímpicos de Londres como a proba da inportancia que pode ter a música na vida das xentes ou mesmo na economía., xa que, segundo as súas palabras, "a música é a segunda achega ao PIB no Reino Unido".

Pechou o acto o Alcalde da Coruña. o popular Carlos Negreira, quen estaba acompañado da Concelleira de Cultura, Ana Fernández. Na súa intervención comprometeu o seu apoio, na medida das posibilidades, a iniciativas que poñan en valor a nosa música.

O feito de que moitas e moitos dos protagonistas das instantáneas estivesen presentes no acto creou, en non poucas ocasións, a sensación de que as imaxes estaban en 3D. 

Rematada a parte máis formal, púidose escoitar un concerto-mostra con dez bandas e artistas que rematou pasadas as once da noite. Roi Casal, Carlos Bau, Mónica de Nut, Jacobo Paz & Dos Mundos + Zaro Arte en Tinta, Cardigan Brisge, Baldosa Amarilla, YUL, Sabdios e The Gone&Lost representaron, nesta ocasión, o conxunto de MusiCalidades. 

Plus Lottus
Plus Lottus

Iremos subindo material gráfico exclusivo estes días á nosa páxina de facebook.

Entre os asistentes, Nostatic, Los 22, Pouca Bala, Eva Coyotexpress, o colaborados de GC Tendencias Rubén Novo (Empuje.net), Roberto Cibeiro de When Nalda Became Punk, os sempre espectaculares Plus Lottus e un longo etcétera musical poucas veces reunido no mesmo espazo. Tamén estaba presente unha boa representación do hotel NH Obradoiro na figura do seu director, Esteban Iglesias, e da Responsable de Organización de Eventos, Pilar Parada.

Os promotores de MusiCalidades, que xa falan de próximas cidades, prometen que a música continuará. O evento foi recolido polas cámaras da TVG.

foto de familia
foto de familia
The Gone&Lost tiveron a honra de pechar o evento
The Gone&Lost tiveron a honra de pechar o evento
O baterista Juna Folla nas probas de son durante a tarde
O baterista Juna Folla nas probas de son durante a tarde
Sabdios, Baldosa Amarilla e Mónica de Nut inmortalizando o encontro
Sabdios, Baldosa Amarilla e Mónica de Nut inmortalizando o encontro
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta