Animalistas denuncian a presenza de burros e cabalos coas patas atadas na Ruta dos Faros

Lembra quie3 a pasada semana un coche impactaba contra dous cabalos coas patas atadas en Castro de Rei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2020 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O colectivo animalista Libera denunciou este mércores, a través dun comunicado, o avistamento de cabalos e burros "coas patas atadas con cordas ou cadeas" e "cunha limitación de movementos evidente" na Ruta dos Faros.

Así, Libera lembra que esta ruta, promocionada pola Xunta de Galicia e con apoio do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, fomenta o turismo nacional e internacional a través da costa galega, algo que se ve "ensombrecido" polo "continuo" avistamento destes animais.

A asociación explicou que unha corda "pode chegar a provocar a mutilación da pata ao animal se, por exemplo, se atora cunha pedra ou con vexetación pesada", tal e como documentaron os animalistas en zonas como Domaio, na provincia de Pontevedra.

O último caso que recolleron a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, a través da campaña #Sencadeas, alerta dun burro coas patas esquerdas atadas por unha corda, que o expón a "accidentes con vehículos ou caídas polas zonas nas que se interna", xa que "as súas capacidades están mermadas". Así mesmo, lembran, a pasada semana un coche impactaba contra dous cabalos coas patas atadas na estrada N-640, ao seu paso por Castro de Rei (Lugo).

"A pesar de que o Goberno galego trasladou, a través de sucesivos decretos, a prohibición do uso de cepos e de calquera dispositivo similar, con sancións que poden chegar aos 60.000 euros, e obrigando a identificar o gando equino cun microchip e un pasaporte único, estas situacións séguense repetindo e ofrecen unha imaxe lamentable ao turismo", destaca o comunicado.

A Garda Civil libera a un cabalo que tiña as patas atadas en Vilaboa
A Garda Civil libera a un cabalo que tiña as patas atadas en Vilaboa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta