Animalistas denuncian que a Xunta entregou desde 2016 máis de 145.000 euros a actividades de caza

Desde o colectivo 'Libera', afirman que as axudas para a caza como "actividade deportiva" incrementáronse un 13,8% nos últimos anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O colectivo animalista Libera denunciou que a Xunta entregou desde o ano 2016 máis de 145.000 euros a actividades relacionadas coa caza a través de axudas da Secretería Xeral para ou Deporte.

Nun comunicado emitido este mércores, afirman que as axudas para a caza como "actividade deportiva" incrementáronse un 13,8% nos últimos anos. Libera censura que a Xunta empregue "unha artimaña" como "a consideración da caza como actividade deportiva" para subvencionar este tipo de prácticas a través de convenios coa Federación Galega de Caza.

Esta entidade, segundo Libera, foi incluída entre as federacións que subscribiron convenios coa Xunta para este ano. Así, os 30.292 euros recibidos en 2020 súmanse ata conformar "un montante final" de 145.000 euros, sempre segundo o colectivo animalista.

Así as cousas, critican que o Goberno galego "iguale aos miles de deportistas que cada ano practican alguan actividade saudable, sexa ou non competitiva, cuns individuos cuxa aficción é pasear polo monte disparando a animais silvestres".

Xabaril, monte, caza, bosque.. XUNTA - Arquivo
Xabaril, monte, caza, bosque.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta