Os animalistas piden aos partidos galegos que garantan unha opción "100% vexetal" no menú escolar

Libera e a Fundación Franz Weber entregarán aos partidos que presenten candidatura nas eleccións galegas un catálogo de 20 medidas de defensa dos animais e do medio ambiente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber entregarán aos partidos que presenten candidatura para as próximas eleccións autonómicas galegas, que serán o 5 de abril, un catálogo de 20 medidas de defensa dos animais e do medio ambiente, entre as que se inclúen a instauración dunha opción "100% vexetal" no menú escolar.

As entidades explicaron que, hoxe en día, atopar unha opción de menú 100% vexetal nos comedores escolares galegos é "imposible", algo que "nega este dereito a miles de nenos" e aos seus pais.

A iniciativa, subliñan, está garantida por lei en Euskadi, Portugal e Chile, así como en Reino Unido, Francia, Suíza ou Alemaña, que facilitan a posibilidade de adaptar os menús semanais a unha alimentación vexetariana ou vegana se o solicita a familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta