A renuncia de Luís Villares descobre as estratexas da nova política que xoga a ser como a vella política

Podemos vese con máis forza nas súas esixencias negociadoras. Anova queda sen a baza da sorpresa ante Podemos e o BNG sen a escusa de que a culpa de que poida gañar Feijóo é de que o soberanismo presente outra lista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/02/2020 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

"No canto de estar no combate de ideas estamos nun combate de postos. Isto é lamentable. Nestes días non atopei ningunha razón programática que impida un acordo para que a esquerda concorra unida. Hai que cambiar a forma de facer política no país, xa que estas dinámicas condenan a non poder ser alternativa ao PP". Luís Villares foi claro, meridiano e contundente no seu adeus á política activa.

Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Xoaquín F. Leiceaga (PSdeG), Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG), no inicio da campaña das eleccións galegas 2016. Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Xoaquín F. Leiceaga (PSdeG), Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG), no inicio da campaña das eleccións galegas 2016.
Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Xoaquín F. Leiceaga (PSdeG), Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG), no inicio da campaña das eleccións galegas 2016. Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Xoaquín F. Leiceaga (PSdeG), Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG), no inicio da campaña das eleccións galegas 2016.

As súas críticas foron, especialmente, para aqueles que hai catro anos petaron á porta da súa casa e o convenceron de que deixara unha prometedora carreira de xuíz para dar o salto á política, “a unha nova forma de facer política”, entendía el. Pero esa nova política quedou só no nome, porque Anova ou Podemos acabaron aprendendo o peor da vella política.  "Na vella pugna entre a cidadanía e a clase política, os que somos cidadáns antes que políticos pagámolo caro, xa que os partidos da nova política empregan escusas para facer o de sempre e así imporse á sociedade civil", dixo na rolda de prensa da súa despedida.

A crítica foi contundente cara as cúpulas de Anova, EU e Podemos ás que responsabiliza da perda do activo electoral que En Marou acadou hai case catro anos, colocandose como a segunda forza da Cámara galega en número de votos. Pero tamén para o BNG, ao que acusou indirectamente, de intentar impoñer estratexias e pensar tamén máis no ombigo que no país. “Ao final o problema está nunha desbocada disputa de cadeiras de brazos, o que está por encima de crear un proxecto político solvente e crible para Galicia", indicou.

"Non entendo por que nos temos que enfrontar as mareas co BNG, Anova, Podemos ou mesmo co PSOE. Por que non unha lista de ideas? Dá a sensación de que importamos nós máis que a xente á que dicimos servir", insistiu. Unha crítica directa a desunión que existe na esquerda galega e que contrasta coa unidade e coherencia de proxecto político do PP e da dereita tradicional galega que é quen de, a pesar das grandes diferencias que existen entre boinas e birretes, poñerse de acordo para tirar do mesmo carro ante ameazas crecentes como é a de Vox. Aínda que nesta estratexia sempre axuda ter ao ecosistema tradicional dos medios de comunicación domesticado ao seu carón.

Por iso, a marcha de Luís Villares clarexa, e moito, as estratexias políticas de Anova, Podemos e o BNG. Marcha para non ser un estorbo, se é que a súa presenza era un estorbo, nas negociacións cruzadas que todos manteñen con todos, e, sobre todo, para non ser o branco de ningunha crítica que o acuse de “dividir á esquerda e ao soberanismo”. Marcha canso de falar "con todos" e que "ninguén" lle faga caso. E, tamén, ante a posibilidade duns moi malos resultados indo só a uns comicios moi disputados. A súa marcha, deixa orfo ao grupo de En Marea que, ou acaba presentenadose nalgúnha coalición con Anova ou o BNG, ou é moi probable que non se presente a estes comicios.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. EUROPA PRESS - Arquivo

PODEMOS E ANOVA

O que despexa, e moito, o adeus de Villares é que xa deixa de ser unha escusa que poida ser utilizada por Anova para presionar a Podemos ou para configurar unha nova coalición diferente ao do BNG. Se o problema era o seu liderato, a súa posición nesa candidatura, el dá un paso atrás. Deixa así o camiño a que Martiño Noriega, se é valente, poida dar un paso adiante e encabezar unha alianza en clave soberanista entre En Marea, Anova e as mareas municipalistas, tanto as grandes como as pequenas.

Pero, no entorno de Villares, e tras unhas conversas erráticas, confusas e “de despiste” entre as dúas partes, están convencidos de que Noriega é todo o contrario a "valente" e que Anova acabará sendo o “parvo útil” de Podemos. “E agora xa non ten escusas con En Marea. Se se presenta só a ostia será monumental, se se presenta con nós igual hai posibilidades de sacar algo digno, pero seguro que acabará comendo as sobras que lle dean desde Podemos, que serán unhas migallas das que el non vai participar tampouco”, aseguran.

E o certo é que agora unha carta importante da baralla está xa ao descuberto. En Podemos xa saben que utilizar a ameaza de ir sós ou con En Marea non vai a surtir efecto. Así, que manterán o seu plan de negociacións que é contundente: o cabeza de lista será Antón Gómez-Reino “Tone”, o nome da coalición será o imposto por Podemos e que este partido se reserva dous postos de saída en dúas provincias e catro postos de saída no conxunto das listas. Algo que os de Anova “tomarán ou deixarán”. 

Por iso, en Podemos están “máis tranquilos que onte e moito máis que antonte”. Cren que as conversas que mateñen Tone e Martiño Noriega desde o luns “van por bo porto” e aceptan algo que non se acepaba a fin de semana, que o candidato do espazo de confluencia sexa o líder de Podemos Galicia. En Anova confirman tamén que “hai vontade de entendemento” e que, efectivamente, “hai contactos en varios níveis” pero que, en todo caso, será a Asemblea de Anova, convocada para este xoves, a que terá que dar vía libre a este acordo.

BNG

A marcha de Villares, que a priori pode ser unha boa noticia para o BNG, tamén se pode volver na súa contra. De feito, a portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, era moi contundente a este respecto ao valorar a marcha do líder de En Marea. E, tras desexarlle “o mellor" e "sorte", defendía que o seu adeus pode significar que a forza "á alza" en Galicia é o Bloque, polo seu proxecto "serio".

Preguntada por se entende que esta marcha atrás de Villares dálle máis forza, Pontón manifestou, segundo recolle Europa Press, que "o que están a ver, é que o BNG é a organización máis á alza do panorama político galego" e, se se recuperou o "prestixio", é “polo bo facer da organización, polo traballo rigoroso e seriedade, recollendo a tradición do nacionalismo galego".

Unhas palabras que non sentaron moi ben en En Marea. E o certo é que hai tempo que os de Villares queren chegar a un acordo co BNG pero parte da súa dirección oponse argumentando que “non se pode caer en erros do pasado”, en alusión ao acontecido na Asemblea de Amio, agora que a UPG domina todas as estruturas desta formación con man de ferro.

Con todo, no Bloque segue habendo distintas sensibilidades, mesmo tamén dentro da UPG, e unha parte desta formación non vería con malos ollos buscar unha fórmula que integre a En Marea e ás mareas municipalistas sen que semelle unha disolución. De feito, a idea da “fronte soberanista” lanzada polo propio Villares e destacados dirixentes do seu grupo xogaría ao seu favor.

AFINS A VILLARES

Precisamente, e tras o adeus de Luís Villares á política, dous dos deputados afíns a el --procedentes do nacionalismo--, Paula Vázquez Verao e Davide Rodríguez, pronunciáronse a favor dunha "alianza ampla soberanista, de persoas, candidaturas municipalistas, colectivos e organizacións políticas galegas soberanas", o que excluiría a Podemos e Esquerda Unida.

De feito, nas súas redes sociais, compartiron un texto no que consideran que as eleccións galegas poden ser un "salto cualitativo" para a consolidación do soberanismo, tanto para ser, a curto prazo, determinante e forte nun "posible goberno galego progresista", como a nivel estratéxico "fortalecer a base soberanista e, no contexto de reconfiguración territorial do Estado, ter presenza como nación".

No escrito lamentan a marcha de Luís Villares. “Desde onde sexa e como sexa, traballaremos por estes obxectivos: "o desaloxo de Feijóo e o liderado soberanista da alternativa", conclúen.

Luís Villares con membros da Coordinadora de En Marea sobre as eleccións autonómicas convocadas para o 5 de abril
Luís Villares con membros da Coordinadora de En Marea sobre as eleccións autonómicas convocadas para o 5 de abril
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 Desfeita

Podemos, Anova e as mareas non se poden pór de acordó porque no parlamento só hai sitio para un dos seus líderes, todos homes e todos da circunscripción coruñesa. Por paridade, o seguinte irá de número 3, ou sexa, non sairá elixido. Diso, e non de soberanismo ou municipalismo, van as negociacións entre eles.

3 Metempsicosis

Aos beiristas non lles queda outra que aceptar o que lle ofrezca UP porque á esquerda do PSOE so hai sitio para duas formacións, unha nacionalista, BNG, e outra estatal, UP. ANOVA quedouse sin sitio nin votantes.

2 arredista

Todo o contrario, Anova está na gloria: soltou lastre con Cerna e Somos Quen, e agora olla como esas dúas escisións quedan derrotadas e descabezadas. As "mareas da boina", que non son auténticas mareas senón que as fixo o cernavillarismo desde a súa cúpula, quedan sen líder e sen proxecto. As auténticas mareas (CA, MA, FeC, MdV, OuC, Sadamaioría, Nós Pobra...), as que se fixeron dende abaixo e de xeito horizontal, están do lado de Anova. Ogallá haxa unidade entre a esquerda soberanista, a federalista e a municipalista, pero se non a hai, Anova e as mareas van estar nas eleccións representando o seu espazo e dando a batalla.

1 67aa

Villares debería deixar tranquilo ao BNG, pois se lle fixeran caso hai catro anos en vez de detectar e afastarse de exactamente o que el agora critica a quen o nomeou lider de En Marea, hoxe non existiría forza soberanista con opcións de entrar no noso parlamento. A casiña a facer autocrítica coas orellas baixas, é o que che toca, se te queres retirar dignamente.