Ábalos anuncia unha medida para "controlar" os alugueres "desorbitados"

"A miña responsabilidade é mirar os mozos á cara e dicirlles que teñan esperanza, porque este Goberno non lles dá as costas", asegurou.

Por E.P. | MADRID | 26/02/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, comprometeuse a presentar no Congreso "antes do verán" unha medida para "controlar" o prezo dos alugueres de vivenda "nas cidades en que subisen de forma desorbitada".

"Un problema social extraordinario require administracións audaces que tomen medidas igualmente excepcionais", indicou Ábalos durante a súa comparecencia no Congreso.

"Por iso, anúnciolles que antes do verán traerei a esta Cámara unha iniciativa para permitir o control de prezos do aluguer naquelas zonas que experimentasen subidas desorbitadas", anunciou.

Ábalos asegurou que non "estará ausente" na protección do dereito á vivenda. "A miña responsabilidade é mirar os mozos á cara e dicirlles que teñan esperanza, porque este Goberno non lles dá as costas", asegurou.

A medida sumarase ao Decreto de medidas urxentes no mercado do aluguer que o Goberno aprobou en marzo de 2019, na anterior Lexislatura. Segundo o ministro, este texto, que limitou as subidas dos alugueres á inflación, está a ter xa efectos en canto á "desaceleración das rendas".

Vivenda en aluguer
Vivenda en aluguer

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta