Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 20:13
Galicia acollerá este ano a sexta edición de Unvex, un encontro de referencia do sector de vehículo non tripulados, entre o 16 e 18 de xuño, e así se contribuirá a "visibilizar as posibilidades que o Polo Aeroespacial de Galicia ofrece a esta industria en España".
Esta é unha das conclusións que o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladou este mércores na presentación do evento. Ademais, subliñou que Galicia "soubo impulsar a creación e o crecemento dun novo sector de alta tecnoloxía como é a aeroespacial" e que hoxe en día resulta "estratéxico na industria" galega.
Conde resaltou a colaboración público-privada no territorio e o traballo das startups, vinculado aos centros tecnolóxicos e ás universidades que, desde o Polo Aeroespacial de Galicia se envorcan en "ofrecer novos produtos e solucións innovadoras no ámbito dos sistemas non tripulados".
A través do Unvex 2020, o titular de Economía espera que este traballo poida "comprobarse in situ", así como as capacidades do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas, en Castro de Rei.
Desta maneira, esta iniciativa desenvólvese "nun momento clave para o sector" pola entrada en vigor do "novo marco regulatorio europeo para as operacións con drones" e porque, á súa vez, serve para "abordar as posibilidades" dos vehículos aéreos non tripulados na prestación de servizos públicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.