"Ao PP poderíalle restar votos ata o Partido Revolucionario do Congo Belga”

O CDL-Galicia está convencido das súas posibilidades nestes comicios. Aposta por converter o Gaiás nun laboratorio tecnolóxico de Galicia e por liberalizar o sector primario para reconstruír o rural. O seu modelo son os liberais daneses.

Por Xurxo Salgado | Gondomar | 14/10/2012 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Nin SCD, nin o PP, nin CXXI, nin UPyD, nin CxG son rivais para o CDL-Galicia. Ou iso é o que pensa o seu presidente, José Palacín porque as súas medidas son radicais "fora coches oficiais, vos de alto standing, soldos e complementos á carta ou barra libre de asesores". Ademais considera que o PP "faino fatal" e suliña que o liberalismo pode ser un bo camiño para saír da crise. 

José Palacín, líder do CDL-Galicia
José Palacín, líder do CDL-Galicia

Galiciaconfidencial (GC). Cales son os obxectivos electorais de CDL-Galicia?

José Palacín (JP). Temos una fiestra aberta cara o exterior posto que desexamos que a cidadanía galega teña a oportunidade de nos coñecer, e outro obxectivo intramuros que é  o de  aprender como formación política, ir consolidándonos nas zoas onde estamos xa implantados e  medrar noutros lares, de feito co motivo destas eleccións acadamos un grupo en Ourense capital e outro en Ferrol, ademáis anticipo que pronto estaremos en disposición de anunciar a incorporación dun novo concelleiro e do seu partido nas nosas ringleiras.

GC. Sodes unha formación modesta con implantación en Lugo e Pontevedra. Cales son as bases do voso programa?

JP. Sobre todo somos modestos no que se refire a medios, polas nosas sondaxes informais somos a formación política que dispón de menos orzamento de campaña de tódolos que se presentan exceptuando 2 o 3 grupos moi reiduais.  Pola contra si que temos un manifesto moi potente e sincero. Basease en  5 piares: Mellora da calidade e representatividade  democrática coa creación da circunscrición única de Galicia e a maior participación da sociedade civil nunha democracia máis deliberativa; final dos privilexios da casta política, neste senso temos un decálogo agresivo e ímolo aplicar sen reservas; unha rearticulación do Estado en Xeral pero de Galicia en particular apostando polo municipalismo e liquidando as Deputacións Provinciais; un novo modelo económico que xenere prosperidade e que teña como referente o modelo liberal danés coa investigación e o desenvolvemento como xenoma desta creación e salvagarda a ultranza da sociedade do benestar e o medio ambente.

GC. Tamén vos declarades liberais e de centro. Un espazo no que está o PP, SCD e CXXI. Que ofrecedes vós que non ofrezan o resto.

JP. Ao marxe do noso proxecto para España e para Galicia e as nosas propostas xerais e particulares en tódalas áreas,  teño que asegurar que en primeiro lugar a nosa formación non  se atopa  viciada polo sistema. Segundo, CDL trae ideas moi novidosas para crear novos sistemas de xestión fronte a dous modelos xa esgotados. En terceiro lugar, contamos coa axuda da 3ª forza política de Europa que é o noso socio --o Grupo Liberal Demócrata Europeo - ELDR--. Aínda que os derroteiros desta EU manipulada polos mercados non nos están a gustar, a maioría das decisións tómanse en Bruxelas e os liberais demócratas vamos a traballar para construír unha Europa que teña coma fin as persoas e non os oligopolios. E en cuarto lugar, somos un partido que alí onde se atope vai a aportar equilibrio; o centrismo serve de balanza nun momento en que fan falta acordos de amplo espectro. Se nós estivésemos representados no Parlamento galego, e dependese de nós, Galicia sería gobernable, e a gobernabilidade, que non a gobernanza,  pode levarnos o progreso e a concordia.

Conde "pode afectar a UPyD"

GC.No PPdeG temen que o partido de Mario Conde lle reste votos. Pensas que a vós tamén vos afectará?.

JP. Son moi respectuoso coas demais forzas políticas, en xeral non me gusta falar delas agás para facer análise das súas xestións, pero sobre todo prefiro esperar a que a cidadanía se pronuncie nas urnas. Elucubrar resultados é un exercicio de padecemento con impotencia. Agora ben, SCD e CDL son forzas bastante opostas: centralismo (SCD) versus federalismo (CDL), libertarismo no económico (SCD) fronte a liberalismo social (CDL), dereita cristiá conservadora de SCD por centrismo rexeneracionista pola banda do CDL, por non falar da política lingüística.  Con toda a prudencia e humildade penso cos partidos que se poden sentir máis ameazados polo Sr. Conde son o PP e sobre todo UPYD.             

GC. Pero, cales son as vosas armas para convencer ao electorado?

JP. Temos un aspecto de partido radical e por iso, imos ser inflexibles cos privilexios da casta política: fora coches oficiais, vos de alto standing, soldos e complementos á carta, barra libre de asesores,  xubilacións vip, blindaxes xudiciais, imputados nas listaxes, etc… creo que só por iso merecemos una oportunidade..

GC. CxG ou AGE é a suma de varios partidos e colectivos. Non cres que os liberais tamén poderiades conformar un polo conxunto?

JP. Os romanos tiñan un dito “Amicitia inter copula contracta plerumque est vítrea” (A amizade tratada entre copas a máis das veces é de cristal). Cos páctos políticos sucede o mesmo, o marxen de que Galicia necesita proxectos honestos e sólidos, o electorado ten un sexto senso para distinguir entre as trapalladas oportunistas e as coalicións de peso. E por iso que todo o que se artelle debe facerse como producto dunha reflexión pasada polo tamiz da madurez e a defensa dos intereses xerais. 

Xa expliquei que queremos aportar equilibrio e gobernabilidade pero nestes intres non hai nada de nada en conxunto, se ben coñezco persoalmente os representantes das outras forzas que catalogaste de liberais, a froita está “verde, verde, que te quiero verde”.  

"Rajoy é o Deluvio Universal"

GC. Cres que CDL-Galicia lle pode restar votos ao PPdeG? 

JP. Deixemos a ver que pasa o 21 de Outubro. Non fixemos ningunha estimación de resultados nin nos marcamos obxectivos nin presión cos resultados.  En todo caso a este PP poderíalle restar votos ata o “Partido Revolucionario do Congo Belga”, están  a facelo fatal. Feijoo foi una especie de cambio climático, lento e inexorable, pero Rajoy é o Deluvio Universal.  

GC. Cales son as vosas receitas ante a crise?

JP. Temos que dinamizar a economía. As PEMES atopanse afogadas, así que o CDL vai rebaixar os impostos. Ten que volver a fluir o crédito e a pesar de ser liberal non nego que o IGAPE poda ser una ferramenta útil pero hai que ser imaxinativos e desterrar a cultura das subvencións. Non existe una conexión entre a universidade e o mundo laboral. Temos que crear cauces de conexión neste senso, necesitamos un gran laboratorio tecnolóxico en Galicia, crear patentes e impulsar o desenrrolo. Ocurreseme reconvertir o inerte Gaias nese gran instituto tecnolóxico galego. O sector primario ten que liberalizarse tal como propugnan os nosos socios en Europa, é a única maneira de reconstruir o rural.  Debemos reducir os gastos das administracións superfluas así que eliminaremos a Deputacións Provinciais e moitos departamentos que so serven para colocar amigotes. Nin un só gasto superfluo mentres teñamos persoas rebuscando nos contedores do lixo,  listaxes de espera na sanidade, ou cativos con escolarización deficiente. 

Comunismo e capitalismo   

GC. E pensas que o liberalismo é a mellor solución para rematar cos problemas económicos?

JP. Sen dúbida. Os liberais  sacamos o mundo da moral agonal dos antigos rexímenes no século XIX, das fauces fascistas e comunistas no XX e desterraremos o capitalismo inhumano no século XXI.    

GC. E despois do 21O, cal é o voso seguinte reto?

JP. Temos o Congreso Nacional en Madrid xusto a semana seguinte das Eleccións. Galicia vai a presentar un modelo de partido estatutariamente máis federal. Internamente, sentarémonos a analizar o periodo que irá dende estas Autonómicas as Europeas de 2014 e marcaremos novos obxectivos para contribuir a dar un gran salto cualitativo e cuantitativo para o Centro Democrático Liberal con motivo deses comicios.    

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

11 Cover

E José Palacín quen é? Un deportista político, que se presenta porque algo tiña que facer? O seu modelo danés? As entrevistas están moi bonitas e calquera cun traxe é un home, pero aparte diso é capaz de xuntar a 50 persoas nun mitín? En fin.

10 german

Montagem psicodélica de José Palacín de CDL no youtube http://youtu.be/1YStQybbCbU

9 german

Marchando tapa de frikismo no Galicia Confidencial.

8 Blum

Mais do que liberal, este lembra ao Rafael Cachafeiro de Democracia Ourensana ( http://democraciaourensana.es/). Que é del?

7 Howard Zinn

Xa están estes reescribindo a historia. Eu pensaba que o nazismo foi destruido polo exercito vermello. USA entrou en guerra cando o fascismo estaba practicamente derrotado en Europa. Mais ainda así non eran os ianquis liberais, senon os keynesianos de Roosvelt. O que si é verdade é que sin o apoio dos liberais, nin Mussolini nin Hitler acadarian nunca o poder.