Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

44 Gamela

se é para o "2016 cando empecemos a senda da recuperación económica" ben podía marchar para a casa, e darlle unha opotunidade a AGE para resolver os problemas! O que nos queda por aturar, se non DESOBEDECEMOS DUNHA 'PUTA' VEZ !

1 Astronauta

En que te baseas para fixar a recuperación económica no 2016?. No 2016 esperase ter crecimiento de emprego neto, ou sexa que esperase que se empece a crear mais emprego que o que se poda destruir. Mais esto non significa para nada que sexa unha recuperación económica. É que para ser de AGE e antes de UPyD non se precisa ter moitos coñecementos.

2 Gamela

comprendo que voando tan alto non vexas as letras do artigo no que o propio Feijoo afirma as palabra que eu metín entre aspas! Listo!

43 Neuronas

Da noxo o nivel tan baixo que teñen os foros desde hai tempo. Non volvo meter o fuciño por aquí por moito tempo.

1 reti

Ah, ti non eres nin beirista nin benegista, tés razón, esto é para navalleir@s dixitais, na procura da revolución pendente.

42 Xistral

Como galego nacionalista ademais cada día que pasa éntranme máis gana de afiliarme ao PP. Bon rollo, teño moitos amigos nese partido, trátanme mellor que os de IU, e sobre todo se me presento a alcalde, que por certo fai tempo me ofreceron a oportunidade, podería facer unha xestión totalmente nacionalista sen problema. Por iso son tan grandes e difíciles de derrubar. A razón e ver a toda esta xente tan intelectual e pura falando en contra do PP, BNG e outros e con unha "autoritas" impresionante.

1 Tubíio R.

Pois anímate a meterte no PP, galego nacionalista. Ou no BNG.

2 Fóra do país dos ananos

Que se organice outro "Banquete de Conxo" xa! As paparotas e as bebedelas si que unen de verdade as vontades dos galegos, o resto é andar mareando...

3 carballo

Fóra do país dos ananos, moi atinada e retranqueira a resposta/comentario que lle adicaches o tal spanish proud, esto é para rifar entre nós jajaja.

4 Xistral

Tubiio R. No BNG xa estou, ja, ja, ja,....

5 Fóra do país dos ananos

Agradécese, Carballo, agradécese! Pois si, a isto hai que lle ir dando cunha presada ben boa de rexouba, un pouco de saña e moita, moita paciencia, porque non hai moito por onde coñelo, a verdade, e, se non, un tolea de vez...

6 carballo

Eu hoxe xa rexoubei un pouco do meu pobo, na nova dos" xovenes agricultores" ,cousas da vida, ..

41 Xurxo Barreiro

No altermundismo están Lula,o Movimento dos Sem Terra,Ignacio Ramonet (Le Monde Diplomatique ),Chomsky,teólogos da liberación e,en realidade,toda a xente de esquerda que está a facer cousas......Ben,a UPG non está porque é unha secta,non un partido político. Quen vería aos coroneis intentando dar ordes no FSM como querían facer no Sindicato Labrego ou en ADEGA

1 Xistral

No SLG acabouse de malas maneiras con xente que o deu todo por ese sindicato. Eu non son da UPG, a UPG cáeme mal, probablemente moito máis que moitos que a critican, por iso creo que poido falar, ademais de coñecer persoalmente a algúns dos depurados polos seguidores dos que supostamente loitan contra os malos hábitos da UPG. O SLG tomárono os beiristas expulsaron a todos os que non eran dos deles, aínda que non fosen da UPG e incluso lles negaron as indemnizacións que legalmente lles correspondían. Así é vida e a forma de actuar dos que critican o sectarismo pero practícano... (é verdade aquelo da palla no ollo alleo e a viga no propio). Desgraciadamente para o nacionalismo galego ou o que queda del para "regocijo" dos españois.

2 Fóra do país dos ananos

...e Rigoberta Menchú? Onde vai? Que saudades, con aqueles ponchos de cores tan chamativos e tan artesanais...Estaba en todo a paisana, non paraba, a tempo completo nos foros aqueles...

3 cerditousado.

E cómo hai sectores beiristas no SLG? pero si Beiras non tivo nunca organización detrás, só tivo a Paco nos derradeiros 30 anos, detrás si, detrás, non vos riades. Cómo pode haber sectores beiristas en ningures si non existe o beirismo como corrente organizada? non entendo nada, ou si, pero e millor rirse, cómo non.

40 antiburras

No correo Gallego, o que antes do 21-0 eran flores, agora tórnanse lanzas. http://www.elcorreogallego.es/opini...

1 Cae da burra dunha vez

Que cadres con Carlos Luís Rodriguez na análise da vosa derrota é algo máis ca un síntoma. Xa o dicían os latinos: do inimigo, o consello.

2 antiburras

CLR colleu a idea destes foros, pero non escribíu o artigo até ter seguros os 40 deputados peperos, neno. Con Beiras polo medio, PP vai como un foguete. Vano levar para Bonabal con Fraga e Albor de terna.