Ribeira asume por fin a forma lexítima do seu topónimo, con 'b'

Así o decidiu de forma unánime a corporación municipal de Ribeira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A corporación municipal de Ribeira, convocada polo seu rexedor, o 'popular' Manuel Ruiz Rivas, decidiu por unanimidade asumir a forma lexítima do topónimo e renunciar á denominación deturpada: Riveira déixase atrás a favor do nome con 'b'.

Esta decisión tomouse tras un informe do Servizo de Onomástica da Real Academia Galega no que a institución analizou as orixes deste topónimo e as motivacións para escribirse con 'b', a forma histórica e "documentada desde o século XIV" e que foi "restituída nos anos 80" tras a aprobación da Lei de Normalización Lingüística.

O informe da RAG lembra o estado "alarmante de deturpación" durante os anos de inicio da Autonomía, con castelanizacións gráficas e morfolóxicas, ademais de diversas alternaciones.

A documentación consultada e investigada evidencia que Santa Uxía de Ribeira, parroquia da que toma nome o municipio, plasmouse por primeira vez nun testamento de 1378 recolleito na obra Colección Diplomática Galicia Histórica, de López Ferreiro.

En textos posteriores, xa escritos en castelán, o nome aparece "máis ou menos castelanizado e ás veces con artigo", pero "sempre escrito con 'b'" ata que no século XVII se documenta por primeira vez con 'v' nas 'Memorias' do cardeal Gerónimo do Hoyo.

"É innegable que ten que ver -que se escriba con v a partir desa data- coa influencia do castelán, única lingua en que, segundo os datos dos que dispomos, están os textos en que rexistramos escrito o topónimo ata o século XX".

A pesar diso, "oficialmente", o nome do municipio figurou co nome de 'Santa Eugenia de Ribeira' no Nomenclátor de 1842; 'Riveira' nos de 1860 e 1877; e 'Ribeira' nos de 1857, 1887, 1897, 1900, 1910, 1920, 1930, 1940, 1950, 1960, 1970, 1981, 1991, 2001, 2011 "e así ata a actualidade", finaliza a RAG.

Ribeira
Ribeira | Fonte: Isaval.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta