A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

36 pepe lago

O JORQUERA e o fútbol. ¿Pero que se pode agardar dunha persoa que está co Dépor e co Celta? Ta ben ser un político e chegar a dicir o que se chega a dicir, pero... até aí non, hai cousas que non son cribles. Aí o Jorque palmou unha chea de votos de moita ostia. Pensaban os do Celta: se ta co Dépor non tá con nós. E os do Dépor pensaban ao revés. Así que lle caeron paus de todoas partes. ¡Hai que ser panoli!

1 un galego

ti non estas moi enterado, quen dixo eso foi o vencedor o señor Feijoo, dixo que era tanto do Celta como do Deportivo, o sr. Jorquera dixo que era do Deportivo

35 Spanish Proud

Puestos a hacer interpretaciones, también podríais titular que la suma de PP y PSOE es abrumadoramente mayor que la del voto nacionalista. O que el voto de Izquierda Unida le ha dado la mitad de sus escaños a Beiras, el gran histrión. O que, a pesar de la entrada de AGE en el parlamento, el voto nacionalista está al mismo nivel que hace 15 años, pero con un referente 15 años más viejo y un tanto pasado ya de vueltas. O que Galicia ha votado mayoritariamente su pertenencia a España. O que, aunque arrimemos el ascua a la sardina nacionalista, los gallegos siguen dando mayorías absolutas al PP ¿Cuántas van ya? Lo siento, Hermérico, Akribéstaton, Lucense, Ramón Obelha, Xan e demáis especimenes de ese pelaje, pero Galicia es española, Galicia es del PP, ergo, Galicia es cojonuda y como pueblo sabio de bós e xenerosos, no suele equivocarse al votar

1 pepe lago

Discordo, Proud, Galicia non é española, é EJPAÑOLA. ¿E fará falta insultar para chegar a tal conclusión? ¡Quevá!

2 Spanish Proud

¿Dónde está el insulto? Lo de la z en nazionalista o decir de Beiras que se comporta como un histrión no está escrito con ánimo se ofender a nadie. Si es así, retiro la z, aunque lo de histrión responde a mi parecer sobre algunos comportamientos de este señor. De todos modos tampoco me importa retirarlo y disculparme con quien sea. ¿Cómo valoras tú las mayorías absolutas del PP?

3 xavierinho

seria Spanish pride, si quieres utilizar proud seria I'm proud of be Spanish. En fin...

4 Spanish Proud

Ya sé cómo es. Lo de Proud es un juego de palabras. Mi nombre es Prudencio ¿Exótico verdad? ¿Cual es el tuyo? ¿Javier? ¿Te pones lo de Xavierinho porque lo tienes pequeniño?

34 Vigués

Que esquerda, ¿á do PSdeG?

33 Manoliño

Rapaces, quedó claro que a los nacionalistas y buenas gentes de izquierdas el pueblo no los quiere ¿o no? Estoy francamente contento, lo que no tengo yo muy claro es que la victoria de AGE no fuese propiciada por el grupo Prisa, que al parecer ahora no apoya al PSOE sino que apuesta por IU.

1 Amón XIV

Manoliño busca choio, e non fales de cousas de maiores que se che ven as frustracións da caluga

2 Manoliño

Tienes muy mal perder... El grupo Prisa apuesta por IU, y lo sabes.

3 pepe lago

Mimá, Manoliño, ¿o Cebrián co, IU? ¡Vaia vaia...! Esta túa análise é ben interesante!

4 Manoliño

Por eso el viernes ocurrió lo que ocurrió en relación con el grupo Prisa ;) que considera ahora que defiende mejor los intereses de sus dueños capitalistas IU y no el PSOE. Lo que me pregunto es si este giro por parte de Cebrián fuerza un cambio de Rubalcaba, o en realidad existe algún acuerdo con IU para beneficiar los intereses de Prisa que mejore lo que le podría ofrecer el PSOE

5 damero

Eu quero fumar diso tamén.

32 Foucellas

Ollo ao can! Os rapaces de AGE no Morrazo estiveron sós, buscándose a vida para facer campaña e pegadas, e o "Abalito" pasou deles. Que saibades en AGE, que aquí sabemos como traballa este político "incombustible", que sempre sae elexido e os demais quedan polo camiño. Rapaces iludosos, traballade por Galiza, pola esquerda, pero coidado con estes "profesionais da política", que rematan convertindo as plataformas en "huestes" ao seu servizo e facéndolle o xogo á dereita. Tede moito coidaddo con San Gabriel, preguntádelle aos obreiros do naval.Cando estivo en facenda no Concello, por EU, tamén fixo das súas. Hai demasiados "infiltrados", andade con tento. Deus pon ovos en todas partes. O diñeiro non ten bandeira nin escrúpulos. Eu votei AGE, pero estou farto de que o "incombustible" sexa tan ben tratado polo poder da dereita e os que dan o peito quedan esnaquizados polo camiño."Chove sobre mollado".

1 UnAmigoDoCan

Vale, xa vemos que non che cae ben Abalo, pois ben fácil co tiña cando ó conflicto de Cangas, en vez de poñerse "cabrón" cos de Caixanova, mirar pra outro lado e todos amigos, como fíxeron outros, no tema de si lles axudou ou non os chavales non opino porque non coñezo o tema, en todo caso sería interesante coñecer a súa opinión, aínda co vexo difícil, eu coñezoio e podo asegurarche que non pasa o día nestes foros mirando a ver que dín, en todo caso no de incombustible tés razón, xa son anos remando a contracorrente, outra cousa é que a túa crítica poda (non afirmo) ter razón, ou non, eú que sei.