Crecen as queixas por discriminación do galego e a metade delas implican á Administración

Aumentan as reclamacións por toponimia deturpada, indican dende a Mesa ola Normalización Lingüística.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2020 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

As queixas rexistradas na Mesa pola Normalización Lingüística pola discriminación do galego aumentaron no último ano e un 45,28% delas están relacionadas coa Administración pública, segundo mostra o Informe da Liña do Galego de 2019.

Así o anunciaron este xoves durante a presentación do estudo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, a vicepresidenta da Mesa, Elsa Quintas, e a deputada provincial de Lingua na Coruña, María Muíño.

Deste xeito, o informe mostra que contabilizaron un total de 318 queixas, 15 máis que en 2018. Ademais, hai 197 felicitacións a empresas, entidades e institucións que "avanzan no impulso pola normalización" do galego. Elsa Quintas subliñou que a "motivación" das queixas "pon de manifesto o aumento das discriminacións por motivo de lingua, as exclusións e os ataques" ao idioma.

TOPONIMIA DETURPADA

Así, destacou tamén que entre os motivos das reclamacións aumentou a toponimia deturpada, en 2018 representaba un 22% destas e en 2019 pasa a ser o 35,22%. "Observamos que isto non consegue normalizarse a pesar de que a Lei de normalización lingüística xa leva uns anos aprobada", incidiu a vicepresidenta da Mesa.

As queixas continúan sendo principalmente sobre as administracións e institucións públicas, cun 45,28%, seguido das empresas de servizos, cun 32,70%, das institucións privadas, con 12,26%, e as entidades bancarias, con 9,75%.

Dentro da Administración pública, a Xunta recibe o 31,73% das reclamacións, o Sergas o 27,88% e, ademais, destaca como administración local o Concello de Vigo cun 6%. A vicepresidenta exemplificou isto cun caso no que unha pediatra "pediu á nai que falase en castelán" durante unha revisión ao seu fillo, sen atendela en galego en primeira estancia.

Cartaz a favor da lingua galega
Cartaz a favor da lingua galega

"ÉXITOS" NA XESTIÓN DAS QUEIXAS

Doutra banda, Elsa Quintas recalcou que, unha vez recollidas as queixas, dan lugar a un expediente para trasladar a información a empresas e Administración.

Neste caso, destacou algúns "éxitos" tras estas actuacións, como o caso de Scolarest que ofrece agora en galego os menús mensuais que reciben os pais e o de Ikea que, "despois de moitos anos" de reclamacións, incorporou o idioma á súa páxina web en 2020.

A vicepresindenta da Mesa subliñou como, despois de facer coñecer ás empresas os seus expedientes, "ven que ten esta repercusión, esa reacción, que non queda só na queixa".

INFORME DA ONU

Pola súa banda, o presidente da Mesa para a Normalización Lingüística, Marcos Maceira, incidiu no informe definitivo do Relator para as minorías do Alto Comisionado das Nacións Unidas (ONU) publicado este mércores e que "é o cuarto posicionamento dunha institución internacional" que se mostra "en contra do Decreto do Plurilingüismo".

Marcos Maceira explicou que o informe sinala que "se debe revisar calquera medida que poida reducir a proporción de docencia en lingua minorizada", polo que "está a dicir que se debe revisar contido do Decreto de Plurilingüísmo".

Nesta liña, recalcou que o estudo "fala de que se debe dotar de recursos apropiados a docencia en galego" e que pon de exemplo as clases en catalán. Así, indicou que o informe cita unha sentenza na que recoñecen que a docencia en catalán é legal ata o 75%, mentres que en galego non permiten máis do 50%. "Dentro da legalidade estamos nun rango inferior", engadiu.

"Se non se garante o coñecemento da lingua propia por parte dos funcionarios do Estado, non se pode garantir a posibilidade do uso do galego diante da Administración do Estado", recalcou tamén Marcos Maceira, no que coinciden A Mesa e o informe da ONU.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 uu1

Crescem as queixas a pesares de reduzir-se o número de falantes. Pois é uma boa nova, durante muito tempo os galego falantes singelamente mudávamos de idioma sem mais argumentos. Agora somos poucos, mas sabemos que temos direito a usá-lo (para algo é oficial segundo a constituição e o idioma próprio da Galiza segundo o estatuto...ainda que nos lhes goste a muita gente). E graças a tecnologia e a possiblidade de viajar alguns de nós tivemos a oportunidade de voltar a falar na nossa língua em liberdade...no Brasil sem ter que justificarmos!

1 Pedrito

Eiquí non falamos portugués, nin sequera o inventado do bng e satélites.

2 uu1

Pedrito tem razão, eiqui falamos castelhano, e muita pouca gente galego, e para que nosso idioma não desapareça alguns decidimos aproveitar os recursos das variedades da nossa língua (como bem diziam os ilustrados Feijóo e Sarmiento). Assim eu poso ler os livros de Game of Thones na versão brasileira, de seguro, Pedrito, escolherá a versão castelhana. E o que tem viver em liberdade

1 Riolo

El chiringuito upegallo necesita hacerse ver para intentar justificar su injustificable existencia y para que haya más subvenciones.

1 uu1

Que boa ideia rematar com os chiringuitos linguísticos. Que tal por começar pelo Instituto Cervantes, 129 milhões no 2019? https://www.efe.com/efe/espana/cult... para.. o enchufismo? https://www.elconfidencial.com/cult... Mais 5 milhões anuais para a RAE? https://www.rae.es/noticias/el-gobi...