A CRTVG inicia unha campaña "sen precedentes" para reforzar a concienciación social sobre o coronavirus

Busca promover as indicacións das autoridades sanitarias para frear a curva de contaxios do virus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Os medios públicos galegos, conformados pola Corporación Radio Televisión de Galicia, iniciaron unha campaña de concienciación social para "reforzar as recomendacións das autoridades sanitarias" ante a expansión do COVID-19.

Campaña da CRTVG para concienciar sobre o coronavirus. CRTVG
Campaña da CRTVG para concienciar sobre o coronavirus. CRTVG | Fonte: Europa Press

Segundo explicou a CRTVG, trátase dunha campaña "sen precedentes" que busca promover as indicacións das autoridades sanitarias para frear a curva de contaxios do virus.

A programación da TVG incluíu a etiqueta #Quedanacasa e distribuíu varios vídeos centrados en temas relacionados con evitar a desinformación, non distribuír bulos polas redes, non deixar aos menores ao coidado dos avós e outro que apela á responsabilidade da cidadanía para quedar en casa.

Ademais, as redes sociais oficiais contan cunha única mensaxe na biografía coa etiqueta #Coidémonos e un texto de prevención: lava as mans, reduce o contacto, restrinxe a actividade social, vixía a febre, segue as recomendacións das autoridades.

A través destas mensaxes búscase difusión para "apelar á responsabilidade social", actualízanse constantemente para garantir "a prestación do servizo público como contribuír á información veraz" e axudar a "previr na medida do posible" a expansión do coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta