PSdeG, Galicia en Común e BNG apostan por aprazar as eleccións e fixar unha nova data

O PP quere tamén adiar as eleccións pero sen fixar ningunha data.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2020 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

PSdeG, Galicia en Común e BNG concordan na necesidade de aprazar as eleccións ante a grave crise do coronavirus, pero queren que se fixe unha nova data para a súa celebración. Así llelo trasladarán os líderes desta formación ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión prevista para este luns.

A través dun comunicado, Gonzalo Caballero apuntou que eses comicios, "como moi tarde",  deberían celebrarse antes do 27 de setembro, cando aproximadamente se cumpre o fin da actual lexislatura. Durante ese encontro, Caballero reclamará medidas para "mellorar a protección e condicións" dos profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) no actual contexto de crise do coronavirus COVID-19.

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. EUROPA PRESS - Arquivo
O secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Tamén Galicia en Común-Anova Mareas proporá na reunión deste luns que se reactive o "proceso electoral" unha vez superada a crise sanitaria actual "mediante un novo acordo" entre "a mesma mesa de partidos". Así o informou esta candidatura este domingo nun comunicado no que explicou que, ante este "escenario" de estado de alarma, o candidato Antón Gómez-Reino centra a súa atención "nos máis vulnerables e fráxiles" para que non queden atrás, e non nas eleccións.

Hai uns días a líder do BNG, Ana Pontón, tamén se amosaba favorable ao atraso da cita electoral e propuña como data para a súa celebración o mes de xuño. Pola súa banda, o PP e o propio Feijóo queren evitar establecer ningunha data polo momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Últimas noticias din que ante a falta de kits non se lles vai facer a proba PCR máis que aos pacientes que teñan síntomas GRAVES... Tarde piaches, cando xa teñan síntomas graves terás a media familia contaxiada e con acceso individual aos Hospitais para acompañar ao doente ? Non temos para pan e mercamos estampitas !!! As malas linguas din que o alcalde de Vigo négase a facer a proba... (non vaia a ser que o deixen metido na casa?)

1 Gamela

Co Estado de Alarma (/Alerta) non se pode focalizar a diseminación do virus ! Galicia leva realizadas tan só 1.390 PCR ! Segundo dixo onte o Ministro de Sanidade en España fixeronse arredor de 32.000 PCRs ! Italia leva realizadas 500.000 PCRs ! Se non coñecemos quen está infectado polo virus non sabemos nada de nada !!! O SERGAS detrás dos teléfonos e os cidadáns metidos na casa !!! Pero os que van traballar co VIRUS eses non lle importan a ninguén ???