O PPdeG volve gañar na emigración

Hai unha redución da participación do 60%. Os populares acadan a a metade dos votos e AGE sitúase como terceira forza tamén no exterior. O PP e PSOE poderían pactar unha nova reforma da lei electoral para incentivar a participación dos emgirantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/10/2012 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O PPdeG volveu ser o partido máis votado na emigración. En Ourense e Pontevedra foi o partido máis votado, acadando mesmo porcentaxes superiores ao 50% da participación. Con todo, nestes comicios a participación dos residentes ausentes baixou un 60% con respecto a hai catro anos, froito, principalmente, da reforma da Lei Electoral para incluir o voto rogado.

Feijóo con mozos emigrantes no seu último mitin en Arxentina
Feijóo con mozos emigrantes no seu último mitin en Arxentina | Fonte: cronicasdelaemigracion.com

Nos anteriores comicios galegos, en marzo de 2009, a emigración emitiu 96.257 votos válidos, o que se traduciu nunha participación do 28,7%. Nestas non chegaron aos 13.000, o 3,25%. Tampouco en ningunha das eleccións celebradas en España despois da introdución do voto rogado, a participación da diáspora chegou nin sequera ao 10%. Nos últimos comicios en Andalucía, votou o 7,1 por cento, e en Asturias, tocouse fondo cunha participación de só o 3,3 por cento dos residentes no exterior aunque o seu voto foi determinante para mudar o actual goberno.

Anova, terceira forza

Case a metade dos 12.954 votantes da diáspora (un 49,2 por cento) apoiaron ao PPdeG cun total de 6.374 sufraxios. O PSdeG logrou no catro provincias galegas un total de 3.870 votos, mentres que a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), obtivo 617 sufraxios. Séguelle o BNG, con 603 sufraxios.

 

 O PP conseguiu ametade dos sufraxios no catro provincias galegas, mentres que o PSOE sitúase como a segunda forza máis apoiada tamén en todas as circunscricións. En terceiro posto varía en función do territorio. Así, por exemplo, o BNG lógrao en Lugo e AGE conségueo en Pontevedra e A Coruña. En Ourense, Sociedade Civil e Democracia (SCD), formación liderada por Mario Conde, foi o terceiro.

Cambios na lei

Por iso, tanto PP e PSOE abordarán nos próximos meses unha nova reforma da lei electoral co fin de aumentar a participación dos españois residentes no estranxeiro nos comicios xerais e autonómicos, despois da baixada da participación no exterior.

A obrigación dos censados no exterior de comunicar persoalmente a súa vontade de exercer o sufraxio como paso previo a recibir as papeletas foi unha medida que se incorporou á lei a comezos do 2011 para garantir a identidade do elector e evitar manipulacións.

Tanto socialistas como populares apoiaron a reforma pero, logo das últimas eleccións, poderían introducir novas modificacións para incentivar o voto dos emigrantes. 

Nas eleccións autonómicas celebradas en maio do pasado ano e nas xerais do 20 de novembro, pediron votar un 10 por cento, pero só a metade lograron remitir a tempo a papeleta, debido ao axustado dos prazos e aos atrasos na recepción da documentación.

O papel dos emigrantes

E é que o censo de Residentes Ausentes incrementouse un 18% desde o ano 2009. No exterior hai 396.473 emigrantes, un 15% dos case 2,7 millóns de galegos. Por provincias, A Coruña é a que ten máis emigrantes con dereito a voto (137.477) seguida de Pontevedra (114.383), Ourense (88.620) e Lugo (55.993).

O papel da diáspora en Galicia foi clave durante os gobernos de Manuel Fraga. En 1997, Manuel Fraga conseguiu un deputado máis pola Coruña en detrimento do BNG tras o reconto do voto da emigración. En 2005, en cambio, o PP estivo a punto de rabuñar un deputado por Pontevedra co que evitaría o goberno bipartibo. Nas autonómicas do 2009 o voto emigrante tamén variou a repartición de asentos en Ou Hórreo aínda que non o resultado. O PP perdeu un deputado en Ourense en favor do PSOE, pero mantivo a maioría absoluta con 38 parlamentarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Galego

Deixar-se de andrómenas, http://gl.wikipedia.org/wiki/Gran_G...

9 O peteiro feroz

Resultados do PT: Corunha: 22 (0,47%, Lugo: 31 (1,72%), Ourense: 43, (1,76%), Ponte Vedra: 47 (2,19%). Total: 143. Total PT: 3307

1 O peteiro feroz

Estes 3.307 votos do Partido da Terra, em percentagem de voto «oficial» (votos emitidos) significa 0.22%, em relação ao número de votantes (censo total) a percentagem real é 0.143%. Estes resultados significam os melhores resultados eleitorais dum partido soberanista galego alcançados na história do «parlamentinho», pois ainda abaixo 88 votos dos 3.395 que obtivera a FPG em 1997 (também 0.22% «oficial»), na altura o censo era maior, polo que a percentagem real da FPG era de 0.132%. E ficam muito longe dos melhores resultados de Nós-UP, alcançados em 2005 com 1.749 votos, com percentagem «oficial» 0.11% e percentagem real sobre o censo de 0.066%.

2 tomcruise

claro, o PT arrasando no voto exterior, todos os ovnis están con el

3 Oscar de Viana do Castelo

Parabens ao Partido da Terra. Foi mesmo uma das grandes surpresas destas eleiçoes. Com humildade e senso comum. Parabens Joam, parabens José :)

8 Foucellas

Hola Sra. de Fernández e Escopeta Nacinal, xa deixou a xefatura, non si? Cómo se nota que ten OO de galo. O pobo galego é dereitas, mentresa esquerda ande desunida. Falta pouco, se caen da burra os que teñen que caer dela. Veremos se non vira o discurso.

7 blancolexitimo

6 Fóra do país dos ananos

O do voto dos emigrantes é un disparate que só é posíbel manter engordando o populismo e metendo cartos a esgalla en paparotas e en prebendas. Como niso o PP se remexe moito mellor ca ninguén, e como os galegos, en xeral, non che teñen moita dignidade nin conciencia, non é ao nacionalismo a quen lle rende. O nacionalismo pretendeu facerlle o caldo gordo a todo iso cun discurso sentimentaloide (e facelo ademais sen capital nin cacicadas finas) e nesas cousas nin se lambe...Non quixo ver que na emigración o que máis abunda é a cipaiada e o oportunismo. Ese é o resultado.