O PPdeG volve gañar na emigración

Hai unha redución da participación do 60%. Os populares acadan a a metade dos votos e AGE sitúase como terceira forza tamén no exterior. O PP e PSOE poderían pactar unha nova reforma da lei electoral para incentivar a participación dos emgirantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/10/2012 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O PPdeG volveu ser o partido máis votado na emigración. En Ourense e Pontevedra foi o partido máis votado, acadando mesmo porcentaxes superiores ao 50% da participación. Con todo, nestes comicios a participación dos residentes ausentes baixou un 60% con respecto a hai catro anos, froito, principalmente, da reforma da Lei Electoral para incluir o voto rogado.

Feijóo con mozos emigrantes no seu último mitin en Arxentina
Feijóo con mozos emigrantes no seu último mitin en Arxentina | Fonte: cronicasdelaemigracion.com

Nos anteriores comicios galegos, en marzo de 2009, a emigración emitiu 96.257 votos válidos, o que se traduciu nunha participación do 28,7%. Nestas non chegaron aos 13.000, o 3,25%. Tampouco en ningunha das eleccións celebradas en España despois da introdución do voto rogado, a participación da diáspora chegou nin sequera ao 10%. Nos últimos comicios en Andalucía, votou o 7,1 por cento, e en Asturias, tocouse fondo cunha participación de só o 3,3 por cento dos residentes no exterior aunque o seu voto foi determinante para mudar o actual goberno.

Anova, terceira forza

Case a metade dos 12.954 votantes da diáspora (un 49,2 por cento) apoiaron ao PPdeG cun total de 6.374 sufraxios. O PSdeG logrou no catro provincias galegas un total de 3.870 votos, mentres que a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), obtivo 617 sufraxios. Séguelle o BNG, con 603 sufraxios.

 

 O PP conseguiu ametade dos sufraxios no catro provincias galegas, mentres que o PSOE sitúase como a segunda forza máis apoiada tamén en todas as circunscricións. En terceiro posto varía en función do territorio. Así, por exemplo, o BNG lógrao en Lugo e AGE conségueo en Pontevedra e A Coruña. En Ourense, Sociedade Civil e Democracia (SCD), formación liderada por Mario Conde, foi o terceiro.

Cambios na lei

Por iso, tanto PP e PSOE abordarán nos próximos meses unha nova reforma da lei electoral co fin de aumentar a participación dos españois residentes no estranxeiro nos comicios xerais e autonómicos, despois da baixada da participación no exterior.

A obrigación dos censados no exterior de comunicar persoalmente a súa vontade de exercer o sufraxio como paso previo a recibir as papeletas foi unha medida que se incorporou á lei a comezos do 2011 para garantir a identidade do elector e evitar manipulacións.

Tanto socialistas como populares apoiaron a reforma pero, logo das últimas eleccións, poderían introducir novas modificacións para incentivar o voto dos emigrantes. 

Nas eleccións autonómicas celebradas en maio do pasado ano e nas xerais do 20 de novembro, pediron votar un 10 por cento, pero só a metade lograron remitir a tempo a papeleta, debido ao axustado dos prazos e aos atrasos na recepción da documentación.

O papel dos emigrantes

E é que o censo de Residentes Ausentes incrementouse un 18% desde o ano 2009. No exterior hai 396.473 emigrantes, un 15% dos case 2,7 millóns de galegos. Por provincias, A Coruña é a que ten máis emigrantes con dereito a voto (137.477) seguida de Pontevedra (114.383), Ourense (88.620) e Lugo (55.993).

O papel da diáspora en Galicia foi clave durante os gobernos de Manuel Fraga. En 1997, Manuel Fraga conseguiu un deputado máis pola Coruña en detrimento do BNG tras o reconto do voto da emigración. En 2005, en cambio, o PP estivo a punto de rabuñar un deputado por Pontevedra co que evitaría o goberno bipartibo. Nas autonómicas do 2009 o voto emigrante tamén variou a repartición de asentos en Ou Hórreo aínda que non o resultado. O PP perdeu un deputado en Ourense en favor do PSOE, pero mantivo a maioría absoluta con 38 parlamentarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 O Seixo

Seriamos o ridículo e a vergoña de Europa se nos coñecera alguén alí. No Estado, somos o ridículo e a vergoña de todos. Se non fora galego, querería a independencia de semellante xente.

4 O muiñeiro da Serra

Non é de recibo que os residentes no extrnxeiro que están intimamente ligados á vida deses paises e que só veñen aqui de vacacións ou a vnde a herdanza, non é de recigbo, repito, que poidan cambiar o signo dun goberno dun pais coma Glicia, Cataluña ou calquera Comunidade. Non sei que interés existe en recoñecerlle o dereito a voto. Outra cousa é que estean traballando eventualmente no extranxeiro cando se celebran eleccións. Nese momento é cando hai que arbitrar fórmulas áxiles para que poidan votar, igual pasa cos mariñeiros que están en alta mar. Outra cousa é pretender controlar o voto coas esas típicas viaxes ao exteanxeitro dos nosos políticos con polvada incluida

3 Sra. de Fernández

O pobo galego, traballador, foi é, e será conxénitamente de dereitas.

1 STVBU 2012

O que pasa é que ser de dereitas non tería por que significar ser acomplexado e antigalego: alguén lle ensinou a ser así, polo que conxénito non é.

2 Sra. de Fernández

Caro, os complexos e obsesións son propios de cada quen, e non todos temos os mesmos. De feito eses pretensos complexos, e antigaleguismo que identificas ti non o ven mais ca os que pensan como ti, ou sexa, unha minoría. Os galegos normais, se sinten de xeito natural españois, naturalmente porque somos galegos e gabámonos de selo, tanto en Galicia, como fora.

3 desfondacranios

pois eu renego deses galegos "normais". Eses sí que sodes acomplexados, e aínda por riba non vos decatades de que toda españa se ríe de vós cada vez que abride-la boquiña. De nós non se rín, nós dámonos a valer... Y punto pelota. E cambiade o discurso que xa apesta,

4 O Seixo

¿que pobo traballador, ho?? Onde hai traballo aquí? Dirás o pobo subsidiado, e os aspirantes a un enchufe e os mangantes

5 O Seixo

¿que pobo traballador, ho?? Onde hai traballo aquí? Dirás o pobo subsidiado, e os aspirantes a un enchufe e os mangantes

6 Gudar

Non pode mudar nuns anos o que se sementou durante séculos. Os tempos non son chegados, pero habemos ter o noso abrente.

2 Alfar

Poderiam colocar ligação à página de resultados CERA? :-)

1 Costadamorte

Sobre o tema do voto emigrante quero facer varias consideracións... 1. É discutible o dereito a voto dos emigrantes en según que eleccións, está claro, por exemplo, que nas municipais non deben de telo, soio deben votar os que residen nun concello... 2. No caso de que podan votar, o voto debe realizarse coas mesmas garantías que o voto interior, é decir debe ser presencial en urna o día das votacións, ou por correo con garantías a urna correspondente, co que o escrutinio tería que facerse en orixe, (nas embaixadas e consulados), e o mesmo día das votacións... 3. En ningún caso poden ter dereito a voto os que o teñan tamén no estado de residencia, (é decir, os que teñan doble nacionalidade ou ainda non tendoa, permítaselles o voto alí como estranxeiros, isto pasa nas locais nos países da UE, pero tamén en outros estados)...