Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/03/2020 | Actualizada ás 11:00
Galicia superaba este martes xa as 300 persoas infectadas por coronavirus. De feito, os principais contaxios son xa locais e non importados, tras chegar o andazo principalmente vía Madrid. A provincia da Coruña e, concretamente, a área metropolitana da Coruña, é a máis afectada xa cun índice de contaxio que aumenta cada día.
Segundo os últimos datos publicados este martes, dos infectados, 11 atópanse ingresadas en UCI e 235 atópanse nos seus domicilios. A Xunta quixo tranquilizar á poboación asegurando que a maior parte dos contaxiados, un 77%, está na casa e só está na UCI un 3,6% e en hospitalización un 19%.
Con todo a Xunta xa non aporta datos dos infectados por contaxio local ou importado. GC preguntoulle este martes a Feijóo sobre esta cuestión. “Non teño a trazalibilidade dos novos contaxiados. Nos primeiros cinco días máis dos 70% eran galegos ou non galegos que estiveran en Madrid por traballo ou viaxes. Dos 305 actuais non o podo dicir”, respostaba.
Con todo, o matemático da Universitat de Barcelona Bernat Espigulé visualizou neste mapa de España a porcentaxe de poboación que se estima que se contaxiou até agora por contacto local con este novo virus. Como se pode observar, o principal foco en Galicia está na área coruñesa, a máis afectada ata agora, aínda que tamén hai pequenos focos locais na Mariña, en Lugo, e en Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.