Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/10/2012 | Actualizada ás 18:34
Nos últimos días varios medios económicos informaron de despidos e recolocación de traballadores no Banco Pastor, a entidade galega que foi absorvida polo Banco Popular. Segundo algúns analistas, a medida estaría provocada polo "sobredimensionamento laboral" da entidade logo da absorción.
Sen embargo, o vicepresidente do Banco Popular e presidente do Banco Pastor até a súa absorción por esta entidade, José María Arias, negou a destrución de empregos nos servizos centrais do Banco Pastor. Con todo, admitiu que houbo "recolocación" de empregados.
"Lenda"
Esta "recolocación" afectaría, principalmente, aos traballadores galegos do Pastor. Pero José María Arias cualificou de "lenda" a perda de postos de traballo. "Un proceso de fusión o que busca é sinerxías", dixo este martes nun acto da Fundación Barrié.
Está claro que non podían existir dous servizos centrais", dixo para xustificar esta "recolocación" de traballadores, e aclarou que o que se fixeron foron "plans de carreira noutros lugares da xeografía nacional" para as persoas que formaban parte do persoal, así como prexubilacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.