Critican a Ence por "facer gala" de manter a súa actividade en plena crise polo coronavirus

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra considera "lamentable" o feito de que os seus traballadores "apoien a decisión da empresa" e urxen unha actuación "solidaria".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/03/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) denuncia que a fábrica de celulosa Ence "faga gala" de manter a súa actividade nunha situación de estado de alarma que "unha vez máis" demostra a "falta de respecto" polos "problemas que afectan o conxunto da cidadanía".

Planta de Ence en Pontevedra
Planta de Ence en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

E é que ademais, este colectivo cre que é "igualmente lamentable" que os traballadores da industria "apoien a decisión da empresa" para "evitar a perda dos seus postos de traballo" nunha circunstancia "inxustificable".

APDR argumenta que os autónomos, pemes e mesmo as grandes industrias da automoción —"que ten un peso infinitamente superior" na economía galega "que a fábrica de Lourizán"— responderon ao "chamamento en defensa da saúde e a vida das persoas".

Con todo, Ence "mantén a súa actividade pondo en risco a saúde dos seus traballadores e a do conxunto da poboación da comarca" dunha forma "inexplicable e inaceptable".

Por todo isto dirixíronse aos sindicatos e aos traballadores de Ence para que "modifiquen esta situación e actúen solidariamente co resto da clase traballadora" e que así obriguen á empresa a "decretar o fin da produción en tanto que se manteña esta situación de crise".

Ademais, a asociación lembrou que, como estableceu o Goberno, deberanse garantir "os postos de traballo e o salario" mentres se manteña o estado de alarma. Polo que, os custos económicos e sociais desta crise non poderán recaer "sobre as clases máis desfavorecidas desta sociedade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Angel

É lamentable como algún aproveitan calquer momento para atacar a ence, una empresa que se dedica a producir un producto de primeira necesidade como he a celulosa de papel (mascarillas, papel higiénico, material quirúrxico de todo tipo...) Todas as demáis empresas que están en activo son héroes pero para algúns ence sempre serán villanos. Lamentable repito.

2 Traballador

Dos coches pódese prescindir, do material co cal se fabrican productos de primeira necesidade non, ou e que os feixes de papel hixiénico e as mascarillas fanse con derivados do petróleo, agora á APDR seica impórtalle a crase traballadora, se lles ve o plumeiro de carallo...

1 José

Pero se Ence nada mais pensa nos cartiños..! Ademáis, leva anos, décadas, inoculando o virus da eucaliptose en canta aldea poida medrar a sua plantiña. E vaille mui ben.