Terceira vítima do día en Ferrol e xa son 23 os falecidos

Morreron outros dous homes na Coruña e no Hospital da Costa de Burela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

As vítimas mortais pola epidemia de coronavirus ascenden e a Comunidade galega a 23, tras a morte este martes dunha muller de 91 anos de idade que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf). Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), informan de que esta nova vítima fora diagnosticada de coronavirus e tiña varias patoloxías previas.

Este martes faleceron tamén un home de 61 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e outro home de 83 anos de idade que estaba ingresado no Hospital da Costa, no municipio lucense de Burela, ambos tamén con patoloxías previas.

A xornada do luns morreron dous homes en relación á pandemia de COVID-19: un de 69 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e outro de 81 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ambos presentaban patoloxías previas.

Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM
Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta