Militares desinfectan residencias en Monforte, mentres se intensifica a limpeza en municipios galegos

As tarefas céntranse en edificios públicos, centros de saúde e supermercados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) desempeñaron este martes tarefas de desinfección en residencias, prazas e edificios públicos no municipio de Monforte de Lemos (Lugo).

Militares da UME desinfecta unha praza en Monforte polo coronavirus
Militares da UME desinfecta unha praza en Monforte polo coronavirus | Fonte: Concello de Monforte.

Segundo informa o Concello, no marco da 'Operación Balmis' do Ministerio de Defensa íanse realizar limpezas nun principio na contorna do hospital comarcal e o centro de día de Geriatros, na rúa do Morín.

Así, tras as xestións do alcalde, José Tomé Roca, coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, esa limpeza contra o coronavirus ampliouse a outros espazos.

Entre outros lugares, os militares actuaron na residencia da terceira idade no paseo do Malecón; residencia Asimédica; Fogar de San José; así como na Praza do Campo de San Antonio e edificio da Casa Consistorial.

LIMPEZAS EN MUNICIPIOS

Mentres, multitude de municipios galegos traballan en accións de limpeza para combater o coronavirus. Por exemplo, en Ferrol (A Coruña) reorganizouse o persoal de Urbaser para reforzar a hixienización diaria de rúas e colectores, á vez que se preserva a seguridade dos empregados. Varios operarios realizan tarefas de baldeo e lavado de vías en accesos a supermercados, farmacias e centros sanitarios.

En Bergondo (A Coruña), os traballadores de Protección Civil desinfectarán periodicamente os edificios e espazos públicos nas zonas onde haxa locais aos que poden acceder veciños durante o estado de alarma como centros de saúde, bancos, marquesiñas e supermercados.

En Verín (Ourense) operarios municipais desinfectan rúas, nun dispositivo cunha empresa de control de pragas que acode periódicamenete con mochilas pulverizadoras a edificios municipais, residencias de maiores e o hospital.

Pola súa banda, en Arbo (Pontevedra), o Concello fai traballos de desinfección en rúas do casco urbanos e de maior afluencia en parroquia coa colaboracións das adegas As Laxas e Marqués de Vizhoja, que puxeron a disposición maquinaria e persoal necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta