O presidente galego sobre a crise: “Sabemos o que imos facer e como o imos facer, pero falta material”

Di "entender as dificultades" do Estado no mercado tras a compra de test defectuosos pola competencia feroz no mercado internacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que o seu goberno está preparado para afrontar a crise do coronavirus pero recoñeceu que o principal problema é o material. “Sabemos o que imos face e como o imos facer, pero falta material e test para diagnosticar aos pacientes”, dixo na rolda de prensa telemática posterior ao Consello da Xunta.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

Así, e a pesar de doar material a Madrid, suliñou que en Galicia “falta material”. “Temos problemas de subministro”, dixo. E aínda que defendeu a compra de material pola Xunta –oito millóns de máscaras, batas, luvas e gafas--, apelou ao Goberno de Pedro Sánchez para facer a compra conxunta de respiradores e equipos UCI, once dos cales, dixo que remitiría a Madrid.

"ENTENDER" A SÁNCHEZ

Por outr abanda, dixo que "quere entender as dificultades" do Goberno de España na compra de material sanitario, despois de coñecerse a adquisición de miles de test rápidos para a detección do coronavirus que eran defectuosos. "Non tento desculpalo, pero si entendelo, porque neste momento hai unha enorme tensión no mercado", explicou.

Na rolda de prensa 'en liña' tras a reunión do seu Executivo, Feijóo admitiu que a devolución destas probas --un total de 650.000 unidades, segundo os últimos datos ofrecidos polo ministro de Sanidade, Salvador Illa-- é "un xerro de auga fría para as expectativas" dos servizos de saúde autonómicos.

Preguntado sobre se Galicia chegou a recibir parte da remesa de test defectuosos que ofrecen un resultado "ao cabo de 10-15 minutos", o titular da Xunta respondeu que "non lle consta". Por agora, os hospitais galegos operan cunhas probas "máis rápidas" que os PCR tradicionais e que reciben "non a través do Ministerio, senón a través de laboratorios" cos que a Xunta ten unha relación contractual "desde sempre".

Non obstante esta devolución, Feijóo recoñeceu que agora "están todos os países do mundo comprando" material sanitario, o que xera "enormes tensións" no mercado internacional. Neste contexto, animou ao Goberno central a que "siga comprando material e garantindo a subministración" ás comunidades, todo iso "con independencia" de que os servizos de saúde tamén están a tentar comprar "despois da clarificación" desde o Estado de que as autonomías tamén poden efectuar estas compras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Estes es un jo di do malabarista, nunca es su p t culpa, oye que bien así gobierna hasta el más imbe cil..... por cierto si no hicierais la ciudad de la cultura y fortalecieseis la sanidad ahora estaríamos hablando de otra situación pero claro los paletos de la ciudad de la cultura son más importantes¡¡¡