Xa hai medio cento de mortos por coronavirus

Falece unha sétima persoa este venres.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/03/2020 | Actualizada ás 23:25

Comparte esta noticia

Un home de 72 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e que tiña patoloxías previas é o sétimo home morto este venres con coronavirus en Galicia, onde o balance de vítimas alcanza o medio centenar.

Este venres faleceron outro seis homes, entre eles o exconselleiro Dositeo Rodríguez, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus), o mesmo centro no que estaba outro falecido, de 71 anos.

Tamén morreron esta xornada un home de 90 anos ingresado no Montecelo de Pontevedra, outro de 74 anos que era atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf), outro de 50 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e un ancián de 96 anos que vivía nunha residencia de maiores en Castro Caldelas (Ourense).

Este xoves, a xornada que ata o momento deixou máis mortes relacionadas co COVID-19 en Galicia, faleceron un total de dez persoas: oito homes e dúas mulleres, todos eles tamén con patoloxías previas.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta