Ordenan o peche dun ximnasio que continuaba aberto pese ao estado de alarma

A denuncia telefónica dun veciño de Sanxenxo que asegurou ver entrar e saír persoas alertou as forzas de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/04/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Policía Local de Sanxenxo ordenou a última hora da tarde deste martes o peche dun ximnasio situado en Xunca Blanca, Vilalonga, que se atopaba aberto ao público pese ao estado de alarma decretado pola crise do coronavirus COVID-19.

Segundo informou o Concello de Sanxenxo nun comunicado, por mor dunha denuncia telefónica dun veciño que asegurou ver entrar e saír persoas do local con mochilas de deporte, ata o lugar desprazouse unha patrulla que, cando chegou, comprobou que na porta de acceso ao ximnasio había un cartel no que se indicaba que se accedese sen timbrar.

Cando accederon ao interior, os axentes comprobaron que as luces estaban acendidas e percibiron ruído no soto do local onde se atopaba unha persoa que realizaba exercicio con pesas.

Pola súa banda, o propietario do local estaba nunha sala anexa "realizando unha masaxe terapéutica", abundaron as mesmas fontes municipais.

SANCIÓNS

Tras a orde de peche do ximnasio, a Policía Local realizou dúas propostas de sanción, unha para o propietario e outra para o usuario do ximnasio, por infracción por incumprimento do decreto no que se declara o estado de alarma para limitar a propagación e o contaxio do coronavirus.

Con esta nova infracción, Sanxenxo suma sete sancións por saltar as normas de confinamento ditadas polo Goberno de España decretadas pola crise sanitaria do COVID-19.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta