Galicia suma 4.635 infectados e 155 mortos en hospitais

O número de altas son 435. A sanidade privada quéixase de que se constrúan hospitais privados cando eles teñen camas de UCI libres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O número de casos de infectados por coronavirus en Galicia aumentou entre este xoves e venres en 256 ata situarse nos 4.635, mentres que as altas incrementáronse en 102, ao pasar das 333 da xornada pasada a 435 este venres.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

Así consta no balance facilitado este venres pola Consellería de Sanidade, no que se indica que 176 pacientes permanecen en UCI --11 máis que os 165 da xornada anterior--, 870 en unidades de hospitalización --51 máis-- e 3.589 en seguimento domiciliario.

Ata a data, sinalou Sanidade, rexistráronse 435 altas na Comunidade galega, o que supón 102 máis que as contabilizadas este xoves, cando había 333 tramitadas. Dos 4.635 casos positivos, 990 corresponden á área da Coruña; 533 á de Lugo; 694 á de Ourense; 425 á de Pontevedra; 1.049 á de Vigo; 675 á de Santiago; e 269 á de Ferrol.

FALECIDOS

O número de vítimas mortais do COVID-19 ascendeu a 155 persoas, tras notificarse este venres, por parte de Sanidade, outros 6 falecidos en hospitais galegos.

Así, Sanidade informou da morte de dous homes de 74 e 78 anos de idade, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); dúas mulleres, de 82 e 90 anos, que estaban ingresadas no Hospital do Barco de Valdeorras (Ourense); e outros dous homes, de 75 e 83 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Todos os falecidos, segundo as mesmas fontes, padecían patoloxías previas, do mesmo xeito que as outras 11 persoas cuxo falecemento se notificaron tamén este venres: tres homes que morreron no CHUAC, de 67,83 e 88 anos de idade; tres mulleres (de 57, 74 e 88 anos) e dous homes (de 83 e 84 anos) que faleceron no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; unha muller de 91 anos que morreu no CHUO; outra muller de 76 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ferrol; e un home de 74 anos que morreu no CHUS.

Coa última actualización de datos facilitada por Sanidade, o número de falecidos con coronavirus nos hospitais galegos notificado este venres foi de 17, e o total de vítimas mortais desde o inicio da pandemia ascende a 155.

Así, as mortes rexistradas ata agora foron 46 na área sanitaria da Coruña, 31 na área de Vigo, 25 na área de Ourense, 22 en Santiago, 12 na área de Lugo, 10 en Ferrol e 9 na área sanitaria de Pontevedra.

No entanto, hai que ter en conta que, no balance de falecidos trasladado por Sanidade non figuran as mortes que se rexistran fóra dos hospitais, entre elas, as que teñen lugar en residencias de maiores. Segundo datos de Política Social, nestes centros xeriátricos producíronse ata agora 27 falecementos.

HOSPITAIS PRIVADOS

Por outra banda, a Alianza da Sanidade Privada Española informou de que os seus centros e a súa UCI dispoñen aínda de camas libres para acoller pacientes e apostou por derivar a estes hospitais "todo o resto das afeccións ou patoloxías" que estean en curso neste momento para "liberar" aos medios públicos e que estes se centren na crise do COVID-19.

Segundo a entidade, actualmente, os seus hospitais rexistran 5.200 pacientes hospitalizados en activo, detectaron 12.500 positivos con coronavirus, e teñen 610 pacientes en unidades de coidados intensivos (UCI), aínda que a súa capacidade permitiría albergar alí ata 2.200 pacientes máis.

Fronte a isto, subliñaron que lles "chama a atención" que "algunhas comunidades autónomas decidisen levantar infraestruturas provisionais de continxencia para atender a presión de ingresos dos afectados polo coronavirus, cando dispoñen e non empregan dos recursos da sanidade privada".

CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Os casos en centros de atención a persoas con discapacidade aumentaron en doce persoas (ata 84) nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra de usuarios afectados a 46 (+6) e a de empregados a 38(+6).

O seis novos casos entre residentes apareceron na Residencia Amicos de Boiro, o catro primeiros diagnósticos, e dous no CAPD de Redondela, que suma xa 28 pacientes. Este último é o que concentra a maior parte dos casos positivos de coronavirus que apareceron en Galicia en establecementos deste tipo. Acumula 28 dos 46 totais, é dicir, o 60,87%.

O resto apareceron no CAPD de Sarria (7), en Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei (3), en Santa Cruz San Rosendo de Ourense (2), en Aspronga de Oleiros (1) e en Aixiña de Ourense (1). Con respecto á pasada xornada, o número de casos entre usuarios aumentou un 15%. Un incremento menor que o que se deu entre os empregados, dun 18,75%.

O seis novos casos entre traballadores apareceron en Redondela que suma 16 (+1), Sarria chega a 11 (+2), Aixiña a 2 (+2) e na APAMP de Vigo detectouse un (+1). Despois hai un caso en cada unha das seguintes residencias: CAPD A Coruña, Vivenda Tutelada Aspas (Santiago), Amicos (Boiro), Souto de Leixa (Ferrol), Coral Seoane (Ferrol), DomusVi Bóveda, San Vicente de Paúl (Lugo) e Vivenda Tutelada Ágora (Monforte).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta