Interceptan na A-6 a un coche que viña de Madrid á costa galega repleto de equipaxe

Os concellos galegos xa alertaron dunha chegada de xente a segundas residencias durante a fin de semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Unha muller foi interceptada no seu turismo por unha patrulla da Garda Civil mentres se dirixía a Galicia a través da A-6 co vehículo repleto de bolsas, equipaxe e todo tipo de obxectos, que chegaban a ocupar a totalidade do espazo do coche. De feito, este mesmo venres, concellos galegos alertaron da posibilidad dunha chegada masiva de xente a segundas residencias.

A patrulla formaba parte do dispositivo despregado para verificar o cumprimento das restricións durante o estado de alarma. Mentres se atopaban de vixilancia no quilómetro 507 (sentido Madrid), da autovía A-6, os axentes detectaron a un coche que circulaba en dirección A Coruña e observaron que o turismo estaba cheo de bolsas que ocupaban case todo o interior.

Nese momento, a patrulla realizou un cambio de sentido para tentar interceptar ao vehículo, que localizaron á altura á altura do quilómetro 517 da citada vía. Salvo o espazo reservado para a súa condutora, a única ocupante do coche, o interior do vehículo atopábase cheo de aveños, bolsas, mochilas, maletas e embalaxes que limitaban absolutamente a súa liberdade de movementos e o uso de espellos retrovisores.

A muller, que procedía do centro da península, tiña intención de desprazarse á costa galega, viaxe para o que adquirira o automóbil no que circulaba. Os axentes procederon a efectuar denuncia por suposta infracción ao Regulamento Xeral de Circulación, e prestóuselle auxilio para realizar o transvasamento da carga a outro vehículo.

Doutra banda, tamén foi denunciada por incumprir as restricións á circulación establecidas durante o vixente estado de alarma.

Coche interceptado na A-6 cargado de obxectos e equipaxe e que se dirixía a Galicia. GARDA CIVIL
Coche interceptado na A-6 cargado de obxectos e equipaxe e que se dirixía a Galicia. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta