Ferida unha veciña de Abegondo nun incendio rexistrado na súa vivenda

Foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña con queimaduras nas mans.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste luns ata o hospital unha veciña de Abegondo que sufriu queimaduras tras rexistrarse un incendio na súa vivenda.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 14,00 horas nun domicilio do lugar da Fraga, onde se iniciou un incendio na cociña.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Betanzos, que extinguiron as chamas, así como efectivos de Protección Civil e axentes da Policía Local. Unha ambulancia do 061 trasladou á dona da vivenda, con queimaduras nas mans, ao Complexo Hospitalario da Coruña.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.. M. Dylan - Europa Press

INCENDIO NUNHA MOTO

Por outra banda, un incendio orixinado nunha moto obrigou a intervir este luns aos servizos de emerxencia de Ponteareas e a evacuar a outra persoa.

O lume iniciouse ás 18,30 horas no garaxe dunha vivenda situada na Rúa Castañal. Foi un veciño o que alertou de que, aparentemente, había un incendio nas plantas inferiores do edificio.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Vigo e o GES de Ponteareas, que confirmaron que o incendio se orixinou nunha moto, mentres o seu propietario trataba de arranxala. Os homes sufriu queimaduras de diversa consideración e foi trasladado polo 061 ata o Hospital Povisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta