As ampa galegas solicitan á Xunta dar por finalizado o curso escolar

Din que non hai directrices e posibilidade de seguimento polo profesorado do traballo realizado en casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2020 | Actualizada ás 22:50

Comparte esta noticia

As asociacións de nais e pais de Galicia enviaron un escrito á Consellería de Educación no que solicitan dar por finalizado o curso escolar 2019-2020 con data de 13 de marzo.

Así figura nun comunicado conxunto da Confederación Anpas Galegas, Confapa Gaicia, CIG-Ensino, FESP-UGT GALICIA, CCOO Ensino, CSIF Ensino Galicia E ANPE Galicia.

De tal forma, emprázase á Xunta ao establecemento de criterios de avaliación "excepcionais" que posibiliten a promoción do alumnado. Entre outras cuestións, chámase a reorganizar os currículos para o próximo curso, así como a traballar en mecanismos compensatorios que eviten un esforzo "inasumible" polos alumnos no curso 2020-2021.

Así, expoñen que "non hai unha capacidade real" para impartir de forma telemática os contidos e que cheguen a todos os alumnos, "tanto pola falta real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos". A isto únese a ausencia de directrices e de posibilidade de seguimento polo profesorado do traballo realizado en casa.

Un estudante co seu portátil
Un estudante co seu portátil | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta