Feijóo critica a Sánchez por investigar as redes sociais para controlar os bulos e fakes

"Por encima do estado de alarma está o dereito á información e a democracia", di tras a aparición de numerosos bulos relacionados coa dereita e ultradereita.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 17/04/2020 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo criticou duramente a "intervención" do Goberno "en determinadas redes sociais ou de comunicación" tras a aparición de numerosos bulos e fakes sobre o coronavirus con duras críticas a Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. "Por encima do estado de alarma está o dereito á información e a democracia", dixo ao ser preguntado por un medio próximoa á ultradereita.

Preguntado en rolda de prensa telemática sobre a persecución dos bulos por parte do Goberno, algúns deles vinculados directamente con perfís do PP e de Vox, Feijóo replicou que en España "se están producindo cousas nunca vistas" ata o momento, como a "intervención dalgunhas redes sociais e de comunicación sen coñecer cales son os criterios" para dar este paso. Unhas críticas que contrastan con numerosos informes que advirten do perigo dos bulos e fakes, que foron determinantes para na campaña de Trump pola Presidencia dos EE.UU. ou para que triunfara o Brexit en Reino Unido.

Todo isto, engadiu, faise co amparo do estado de alarma decretado, mediante o que, baixo o seu punto de vista, o Goberno central reservouse "para si" unhas competencias "exorbitantes". O tamén líder do PP galego confesou "sorpresa" por que, tras máis de "40 anos" de democracia no país, estean a usarse poderes que, ao seu modo de ver, son "exorbitantes ou non explicados" para adoptar decisións que afectan o conxunto dos españois.

"NON ME PARECE QUE SEXA O MÁIS DEMOCRÁTICO"

Así, rexeitou os bulos e alegou que é "indigno" utilizar unha pandemia para "crear máis inseguridade e medo", pero tamén advertiu de que "non aclarar cales son os criterios para diminuír eses riscos" non lle parece que sexa "o máis democrático" nun contexto de estado de alarma. Por encima do estado de alarma está o dereito á información e a democracia", resolveu.

Fake News
Fake News | Fonte: Tecreview.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo 2

Se alguém ainda tinha dúvidas...Estamos já em uma ditadura...Vergonha de politiquinhos...de todos partidos e todas as ideologias. De verdade todo representante político tem que ser um ditador em potência! Vergonha de politiquinhos!!

1 Gamela

Agora calquera que discrepe deste Estado Autoritario vai ser tachado de BOT perigoso ? Bueno algúns levamos tempo dicindo que detrás do Estado de Alarma agóchanse outros intereses aínda por descobrir... o caso é que como aceptemos unha nova prórroga non imos ter posibilidades de sair desta TIRANÍA ! https://twitter.com/00Gamela/status... Sen Liberdade o único futuro será modelo China!