O mundo gastronómico que acompaña o Camiño de Santiago

As comidas e ceas da viaxe dun peregrino son experienciais: cada prato ten a súa historia detrás.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2020 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

O compoñente gastronómico está presente en moitas viaxes, pero se esta viaxe percorre varios lugares, as posibilidades de poder acceder a contidos gastronómicos aumentan considerablemente. Se hai unha forma de viaxar que se expanda polo territorio, do mesmo xeito que o fan os ríos, esa é a do peregrino que realiza o Camiño de Santiago.

Tenda do Camiño de Santiago
Tenda do Camiño de Santiago

Este itinerario articúlase polo territorio, e en especialmente no caso de Galicia, os seus tentáculos ocupan as catro provincias, interior e costa, montañas e vales. No seo destes camiños Tee Travel quixo desenvolver viaxes onde a gastronomía, a cultura e a paisaxe de viño, os recendos a mar... teñan un lugar especial na súa liña de produto.

CONTACTO CO LOCAL

Á marxe do goce gastronómico co que podemos darnos unha homenaxe, baseado no goce dun bo prato ou en catar un viño, Tee Travel quere que participemos destas actividades, entrando máis en contacto co local, quere pillarnos "coas mans na masa" e que gocemos do "Camiño de Santiago gastronómico".

Poderemos participar nun taller de cociña ou na elaboración dun queixo. Da man dun pescador poderemos coñecer diferentes artes de pesca na Ría de Arousa, ou realizar a ruta marítima do Camiño de Santiago. Poderemos entrar en panadarías convertidas en curiosos museos e charlar cos seus creadores.

Experiencia gastronómica no Camiño de Santiago
Experiencia gastronómica no Camiño de Santiago

CADA PRATO, UNHA HISTORIA

Nesta axencia, ademais, tentan que as comidas e ceas sexan experienciais: para iso cada prato ten unha historia. Pero tamén ten a súa elaboración, que en moitas ocasións é secreta ou cuxa excelencia é froito da tradición de xeracións. Poderemos falar con cociñeiros, e degustar produtos directamente da horta. Coñeceremos os segredos da minuciosa máxica elaboración de licores, percorreremos viñedos e granxas.

Tee Travel teñen á súa disposición viaxes gastronómicos con interesantes suxestións, e conta cun departamento especialista no deseño de experiencias culinarias para gozar en pequenos grupos ou en familia. Calquera dos camiños de Santiago nos ofrece esta posibilidade, ben en pequenos pobos ou en contextos urbanos. Unha ruta de tapas por Lugo, actividades en mercados tradicionais e feiras, visitas a repostarías e tahonas... son outras interesantes suxestións para poder desenvolver nas cidades do Camiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta