Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/12/2012 | Actualizada ás 09:00
De novo grazas á iniciativa cidadá, a selección nacional de Galicia de fútbol xogará outro ano polo Nadal. Iso malia que a Xunta mantén o seu veto dende que o PPdeG reconquistou o poder. O grupo de afeccionados Siareir@s Galeg@s organizará o partido contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra.
A programación inclúe tamén xogos populares, xantar, manifestación e concertos. Cé orquestra pantasma, Rebeliom do Inframundo, Arenga, Falperrys e os vascos Berri Txarrak porán a música. Siareir@s prevé montar autobuses dende as principais comarcas do país.
"Este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo", argumenta a organización.
Sobre a elección do rival, Siareir@s Galeg@s explica que aproveitándose de "a liberdade que nos dá nom depender das instituiçons" escollen "um companheiro de jogo que nos dea a oportunidade de solidarizarmo-nos com a sua causa, que é a mesma que a nossa". Ao Kurdistán considérano "umha naçom também negada e que sofre diariamente a repressom de quatro estados diferentes, nomeadamente do turco".
O colectivo denuncia que "as forças centralistas" usan os partidos da selección española coma "umha das suas principais armas para manter essa suposta 'unidade' e 'sentimento nacional espanhol' ".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.