A RAG facilita o acceso a 800 títulos do século XIX a través da biblioteca dixital de Galicia

Atópanse títulos de grandes figuras das letras galegas.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/04/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) reforzou a súa presenza en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, "cun novo micrositio que facilita o acceso a másde 800 libros e folletos do século XIX", segundo informa.

As obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal e tamén a libros de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.

En pleno confinamento, a biblioteca da RAG convida o público a celebrar o Día do Libro descubrindo esta xanela virtual, "unha vía de entrada directa desde calquera lugar do mundo" a parte do patrimonio que custodia na súa sede da rúa Tabernas, na Coruña, nestes momentos pechada debido á pandemia.

Desde a institución, apuntan que o novo espazo visibiliza "a identidade propia deste referente bibliográfico fundamental para calquera persoa interesada na cultura e na lingua galega".

'Catecismo Do Labrego', Obra Incorporada Pola RAG Á Biblioteca Dixital De Galicia. RAG
'Catecismo Do Labrego', Obra Incorporada Pola RAG Á Biblioteca Dixital De Galicia. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta