PSdeG propón un gran pacto galego para a reconstrución de Galicia e o BNG outro pola ciencia

Caballero destaca que a Xunta debe pór "os intereses da reconstrución" por encima "de calquera interese de parte".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo este venres un gran acordo de reconstrución de Galicia en cuxa elaboración participen os partidos políticos, os axentes sociais e as principais institucións provinciais e municipais de Galicia.

"Esa é a folla de ruta que o PSdeG vai ter para Galicia ao longo dos próximos meses", manifestou nunha rolda de prensa telemática ofrecida este venres, na que subliñou que o Goberno galego debe pór "os intereses da reconstrución" por encima "de calquera interese de parte".

Gonzalo Caballero lembrou que o actual Executivo autonómico ten unha "posición interina" tendo en conta que a Cámara galega foi disolta coa convocatoria electoral do 5 de abril, polo que subliñou a necesidade de xuntar nunha mesa ás "principais forzas políticas".

Así mesmo, sinalou que deben formar parte deste órgano os representantes dos traballadores, a patronal, así como as catro deputacións provinciais, os alcaldes do sete cidades e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Gonzalo Caballero ve necesario este acordo para establecer os alicerces da reconstrución en Galicia, unha saída da crise que o PSdeG centrará na "defensa do público", no "papel do Estado" para fortalecer a sanidade pública, establecer un "escudo protector dos cidadáns" e unha nova política económica.v"É unha batalla que temos que dar entre todos", sinalou o socialista, que se referiu a a "lexitimidade restrinxida" que, na súa opinión, caracteriza ao actual Goberno da Xunta.

BNG

Tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres un "pacto pola ciencia e a innovación" que estea dotado cun 3 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) nos próximos anos.

A dirixente nacionalista mantivo unha reunión con diferentes colectivos investigadores. "Precisamente, unha das leccións que nos deixa esta pandemia é que necesitamos un sistema científico forte, porque aqueles países que teñen un sistema científico no que invisten máis, están a darlle unha mellor resposta", analizou.

Así, o Bloque propor un pacto "apoiando a ciencia de base" e acabando coa "precariedade" dos investigadores, e reclama a posta en marcha dun programa de "captación de talento", para ser un "lugar no que se acolla a moitos investigadores".

Coronavirus.- G. Caballero urxe a Feijóo a aclarar 'se tenta obrigar a os nenos a ir ás aulas antes do verán'. PSDEG
Coronavirus.- G. Caballero urxe a Feijóo a aclarar 'se tenta obrigar a os nenos a ir ás aulas antes do verán'. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta