Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2020 | Actualizada ás 09:00
Ten a bandeira de España imprensa sobre o verde oliva característico da Guardia Civil. Así é a máscara TNT que está causando furor entre a ultradereita. Tanto que xa é a máscara máis vendida a través de Amazon ao prezo de 6,50 euros.
A secretaria xeral de Vox, Macarena Olona, foi a primeira en levar en público esta máscara que pronto se converteu nun dos asuntos máis comentados das redes sociais e que acabou sendo bautizada como a “máscara patriótica” ou "máscara de Vox".
Este sábado, Rubén Sánchez, de FACUA, tal e como publica jotapov.com, escribía un tuit co BOE e o nome da propietaria do dominio da web ao que se pode adquirir esta máscara que, a súa vez, redirixe a Amazon para realizar a compra. Sánchez suliñaba que esa empresa está a nome de Patricia Marta Muñoz Piedrabuena, candidata de Vox en Barcelona e criticaba á formación por “facer negocio” a conta da crise do COVID-19.
Por outra banda, tamén este sábado, e logo do tuit de Rubén Sánchez, El Mundo publicaba unha información que sinalaba que un negocio murciano propiedade dun matrimonio afiliado a Vox realiza 300 destas máscaras ao día.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.