Temas: FRASEOLOXíA

Voces galegas equivalentes á castelá “cargarse” (3ª –e derradeira– parte [=destruír, eliminar, facer desaparecer])

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 10/05/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

E rematamos coa serie de artigos dedicados a voces ou locucións que cobren en galego varios dos significados de que está revestido o verbo cargar na súa utilización pronominal en castelán, abordando concretamente nesta ocasión o que poderiamos definir como “destruír, eliminar ou facer desaparecer, nomeadamente de xeito non físico ou non material, algunha cousa ou entidade”.

Un cazador.. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo
Un cazador.. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo

Cargarse algo2

{= Destruír, eliminar ou facer desaparecer, nomeadamente de xeito non físico ou non material, algunha cousa ou entidade.}

Chapodar algo

Moquear algo

Peneirar algo

Vendimar algo

Benlear algo

Chimpar algo

Chumbar algo

Limpar algo

Ex.: Se han cargado doscientos mil puestos de trabajo en menos de un año.

Chapodaron Moquearon Peneiraron Vendimaron Benlearon Chimparon Chumbaron Limparon douscentos mil postos de traballo en menos dun ano.

Ex.: A este paso, con tanta privatización, no tardarán en cargarse el sistema público de salud.

A este paso, con tanta privatización, non han tardar en chapodar moquear peneirar vendimar benlear chimpar chumbar limpar o sistema público de saúde.

Ex.: Parece ser que los nuevos accionistas se quieren cargar a la junta directiva.

Disque os novos accionistas queren chapodar moquear peneirar vendimar benlear chimpar chumbar limpar a xunta directiva.

● Tamén, en contextos:

Varrer algo && Desgraciar algo && Arruinar algo && Arramplar con algo && Sacar # Quitar de diante algo && [E MESMO, PROBABLEMENTE CON MENOS CARGA DE COLOQUIALIDADE]: Arruinar algo

Ex.: Varreron Desgraciaron Sacaron de diante Arruinaron Arramplaron con douscentos mil postos de traballo en menos dun ano.

Ex.: A este paso, con tanta privatización, non han tardar en varrer desgraciar arruinar arramplar co sistema público de saúde.

Ex.: Disque os novos accionistas queren varrer sacar de diante arramplar coa xunta directiva.

● Tamén, en certos contextos, con maior carga de coloquialidade e indicando que se deixa algo en moi mal estado, pero non necesariamente que se destrúa, elimine ou acabe con el:

Escarallar algo

● Tamén, se cadra non asociadas, ou como pouco asociadas en menor grao, a contextos de uso tan familiares e coloquiais:

Liquidar algo && Eliminar algo && Despachar algo && Acabar con algo

Liquidar algo && Eliminar algo && Despachar algo && Acabar con algo && Dar cabo de algo

Ex.: Liquidaron Eliminaron Despacharon Acabaron con douscentos mil postos de traballo en menos dun ano. &&& Deron cabo de douscentos mil postos de traballo.

Ex.: A este paso, con tanta privatización, non han tardar en liquidar eliminar despachar acabar co sistema público de saúde. &&& A este paso, con tanta privatización, non han tardar en dar cabo do sistema público de saúde.

Ex.: Disque os novos accionistas queren liquidar despachar a xunta directiva.

● E inda tamén, en contextos, e moi asociadas a ámbitos de uso familiares e populares, e a niveis de lingua vulgares:

Joder algo

Foder algo && Esconachar algo

Ex.: A este paso, con tanta privatización, non han tardar en foder esconachar o sistema público de saúde.

NOTAS:

1. Téñase en conta que naqueles casos en que non necesariamente se dea a entender que se destrúe ou elimina algo, senón que se deixa en moi mal estado, tamén se podería botar man, en función dos contextos, de varias das voces que se recollían no artigo precedente. Ex.:

Ex.: A este paso, con tanta privatización, non han tardar en estrangallar esmendrellar escangallar escagallar o sistema público de saúde.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta